sábado, 28 de noviembre de 2009

El BNG de Fene y el PSOE se enfrentan por Astano (mayo de 2009)

6.2.- Seguidamente, intervén o Sr. Alcalde-Presidente e manifesta que hai outra moción presentada do grupo municipal do BNG de data 7 de maio de 2009, relativa ao apoio á Plataforma Cidadá Rumbo 21 .

A continuación pide o uso da palabra o Sr. Polo Gundín quen, unha vez concedido manifesta que a urxencia da moción ven determinada por que a finais de abril o responsable da Plataforma Cidadá Rumbo 21 lle deu conta da iniciativa lexislativa que estaba a realizar; que entrou na nova mesa do Parlamento e que a Xunta electoral está reclamando ás persoas fedatarias a recollida de sinaturas para esta iniciativa.
De seguido, pola Presidencia sométese a votación ordinaria a urxencia da moción , sendo aprobada por unanimidade.
A continuación pide o uso da palabra o Sr. Polo Gundín quen, unha vez concedido procede a dar lectura á moción, que transcrita di:

“EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A plataforma cidadá Rumbo 21 está a impulsar unha I.L.P. a prol do fomento do sector naval en Galiza. Esta cuestión xenérica cobra especial importancia nun Concello como o de Fene que conta cun dos meirandes estaleiros de Europa, e cunha superficie industrial pública máis infrautilizada do Estado.
É pois o momento de apoiar unanimemente esta iniciativa que entre outros ten por obxecto a reactivación da antiga Astano para a construcción naval sen máis límites que os da súa capacidade productiva.
Os impulsores da Plataforma Rumbo 21 déronnos conta a todos os grupos políticos da corporación da súa I.L.P. a prol do fomento do sector naval en Galiza.
O Concello de Fene coa súa Corporación municipal ao frente debemos ser os primeiros no apoio popular a esta I.L.P. tanto polo valor cuantitativo como polo valor simbólico de que o pobo de Fene non renuncia á revitalización dun dos seus motores económicos, sociais, de creación de emprego e de diversificación industrial.

Por este motivo o grupo municipal do BNG propón a adopción dos seguintes ACORDOS:
1.- Apoiar activamente a I.L.P. sobre o fomento do sector naval en Galiza que se adxunta.
2.- Difundir por todos os medios posibles: bandos,web e radio municipais, boletín xove a I.L.P. Así como a recollida de sinaturas no termo municipal.
3.- Facilitar a Rumbo 21 a recollida de sinaturas nos edificios municipais.
4.- Darlle conta destes acordos á Mesa do Parlamento Galego, á Plataforma Rumbo 21 e a todo o movemento asociativo de Fene.
Fene, 7 de maio de 2009.”

Continúa o Sr. Polo Gundín a súa intervención e di que cree convinte apoiar esta moción para reactivar e impulsar o sector naval galego; que dende o punto de vista de Fene é unha moción histórica, e axuda a que Astano volva a ser competitiva e volva a construír barcos: di que a moción trata de impulsa-lo sector naval galego, fundamentalmente Astano; que teñen que ser a referencia de Galicia nesta iniciativa, porque o sector naval é moi importante na ría de Ferrol, de Vigo, e en xeral para toda Galicia.

Seguidamente pide o uso da palabra o Sr. Galego Feal quen, unha vez concedido manifesta que o seu grupo vai votar a favor da moción porque están de acordo no fondo, aínda que non nas formas; di que tódolos voceiros tiveron unha reunión na Alcaldía e que o seu grupo cree que o máis axeitado sería que a Alcaldía trouxese esta moción ao Pleno para que ninguén capitalizase esta iniciativa popular.
Deseguido intervén o Sr. Alcalde-Presidente e di que na reunión cos voceiros dos grupos él dixo que levaría a moción á Comisión Informativa, e que a partires diso faríase unha proposta conxunta; que non foi á comisión informativa, xa que estaba previsto que fose á vindeira e que agora a trae ao Pleno o BNG .

A continuación pide o uso da palabra o Sr. Galego Feal quen, unha vez concedido manifesta que ao seu grupo tamén o poideron chamar para facer unha proposta conxunta.
Seguidamente intervén o Sr. Alcalde-Presidente e manifesta que tamén poideron chamar ao grupo do PSdeG-PSOE..

A continuación pide o uso da palabra o Sr. Sánchez Martínez quen, unha vez concedido manifesta que ninguén pode dicir que non a que Astano volva á construcción naval; di que se deron moitos miles de millóns á banca e a outros sectores como o automobilístico e pregunta por qué non se lle deu ao sector naval; que indubidablemente está de acordo con que Astano volva a construír, aínda que non a calquera prezo; que a súa posición é a abstención, como xa lle indicou ao grupo que presenta a iniciativa; que dende Esquerda Unida manteñen que a empresa pública debe existir.

Deseguido pide o uso da palabra o Sr. López Rodríguez quen, unha vez concedido manifesta que, estando de acordo co fondo da moción, xa que é moi importante que Astano recupere a construcción naval , o seu grupo vaise abster na votación por dous motivos: en primeiro lugar porque o grupo socialista sempre estivo de acordo co comité de empresa, que neste caso non se posicionou, e en segundo lugar porque no texto non se di se a xestión vai ser pública ou privada, e consideran que debe ser pública.

Seguidamente pide o uso da palabra o Sr. Vigo López quen, unha vez concedido di que forma parte da promotora e que a iniciativa lexislativa parlamentaria nunca se
posicionou nin se posicionará verbo da xestión do astaleiro; que o que se pretende é o levantamento do veto de Astano para que poida acceder á construcción civil; que a CIG deu o seu apoio a esta iniciativa e que para a súa sorpresa o Alcalde de As Pontes outorgou o seu apoio e dixo que o PSdeG-PSOE apoiaría esta iniciativa en tódolos Concellos de Galicia; que non entende por qué en Fene se absteñen; que tiveron conversas co secretario de comisións obreiras onde lle aclararon que non se buscaba a privatización e que é moi probable que nun breve prazo Comisións Obreiras se posicione a favor da iniciativa lexislativa; que dentro dunhas semanas vanse recoller sinaturas, e así ademais do apoio das forzas políticas se contará tamén co apoio da xente.

A continuación intervén o Sr. Alcalde-Presidente e manifesta o seu desexo de aclara-la postura do PSdeG-PSOE neste Pleno; di que o Partido Socialista vaise abster por unha serie de razóns que históricamente foron mantidas polo PSOE de Fene; que se trata do posicionamento do Comité de Empresa e dos representantes de Astano; que o grupo socialista contactou co Comité de Empresa, e este lle comunicou que non tiñan adoptado ningunha postura ao respecto.
Continúa o Sr. Alcalde dicindo que verbo do veto, probablemente son certas as contías que se indicaban, pero que o astaleiro de Fene formaba parte de Izar, e as axudas son as que o goberno de España lle da a Izar; que non é certo que Fene sexa o único astaleiro de España con veto, pois son todos os de Navantia; que dende Fene e Ferrol no ano 2004 se renegociou que os astaleiros de Fene e Puerto Real quedasen no sector público e a condición da Unión Europea foi que non se adicara máis dun vintecinco por cento á construcción civil; que a postura do PSOE é perfectamente lexítima, respectable e que o único que fan é ser coherentes coa postura que sempre defenderon, que é ir da man dos traballadores.

Seguidamente pide o uso da palabra o Sr. Galego Feal quen, unha vez concedido, di que lle parece decimonónico amparar a postura na dos traballadores; que con esta moción non se trata de ir en contra dos traballadores; que o importante é que se levante o veto e que aos traballadores hai que darlles un posto de traballo.
De seguido pide o uso da palabra o Sr. Sánchez Martínez quen, unha vez concedido di que todos están de acordo no levantamento do veto; que o seu grupo vaise abster na votación porque non se di nada en canto á xestión; que cando non se ven as cousas claras hai que ter cautela e precaución; que verbo das axudas concedidas, manifesta que é certo que non foron todas para Astano, pois este pertence a un grupo.

Seguidamente pide o uso da palabra o Sr. Vigo López quen, unha vez concedido di que cree que deixou claro na reunión os motivos da iniciativa lexislativa popular ; que esta é unha cuestión apolítica; que a día de hoxe as persoas que forman parte da Plataforma teñen diferente ideoloxía e o único que perseguen, o seu obxectivo común ,é o levantamento do veto de Astano, e procede a dar lectura ao texto articulado da Proposición de Lei.

Continúa o Sr. Vigo López a súa intercención dicindo que lle gustaría responder ao Sr. Alcalde; di que as axudas que se entregaron a Izar foron nominativas; que o astaleiro de Fene foi o único que non recibiu unha axuda nominativa; que a única axuda que
queda pendente é para cando o astaleiro se disolva e se xere un novo grupo; que o único astaleiro do sector civil que era rendible era o de Fene; que o resto tiñan unha valoración negativa; que é preciso poñe-los medios para que en Fene podan facerse barcos.

Seguidamente pide o uso da palabra o Sr.Pico Sanmartín quen, unha vez concedido manifesta que na sala de Plenos hai dous traballadores de Navantia-Fene; di que hai xente que opina de Astano e non coñece o tema; que a mal chamada reconversión deixou a Astano con 350 traballadores; que deses quedan 319, e destes hai 20 de baixa temporal; que hai 299 traballadores que están en Astano por sentenza xudicial e que se non fora por isto, estarían todos en Bazán.

A continuación pide o uso da palabra o Sr. Sánchez Martínez quen, unha vez concedido di que reitera que o motivo da súa abstención é que non se di nada da xestión.
De seguido intervén o Sr. Alcalde-Presidente e dille ao Sr. Vigo López que o que respostou non ten nada que ver co que dixo; que non dixo que a iniciativa lexislativa popular fose a privatizar Astano, senón que non di o que vai facer; que non dixo que fose imposible cuantifica-las axudas que lle deron a Fene, senón que dixo que o astaleiro de Fene forma parte de Izar, e que a Unión Europea sancionou a este grupo, e o asteleiro de Fene forma parte do mesmo; di que a situación do astaleiro non é a desexable nin a que a él lle gustaría que fora, pero que hai que ser realistas; que cando o Presidente do goberno fala de renegociar, eles evidentemente están de acordo co que di; que outra cousa é que hoxe, porque o BNG traia esta moción teñan que votala a favor; que o grupo do PSdeG-PSOE, se ben está de acordo, quere coñecer a posión do comité de empresa antes de pronunciarse, o que non quere dicir que estean en contra da iniciativa lexislativa popular, senón que, como non coñecen a posición do comité, vanse abster; que quere que quede clara a súa postura e non se tersiverxen as súas palabras e que a abstención do seu grupo non se interprete como un freno á iniciativa.

Seguidamente pide o uso da palabra o Sr. Vigo López quen, unha vez concedido manifesta que a iniciativa lexislativa popular. o único que persegue é o levantamento do veto de Astano e que despois se falará da xestión.
A continuación pide o uso da palabra o Sr. Lourido González quen, unha vez concedido di que verbo da iniciativa está ben que se pida o apoio de todo o mundo, pero que o tema ten que comezar polos sindicatos.

Rematado o debate, polo Sr. Alcalde-Presidente sométese á votación ordinaria a Moción presentada polo BNG de data de 7 de maio de 2009, obténdose o seguinte resultado:

Votos a favor: nove (9), (dos/as Sres/as Polo Gundín, Couto Seijido, Roca Requeijo, Pico Sanmartín, Vigo López, Galego Feal, Bértoa Puente, Franco Casal, Fornos Corral).

Votos en contra: Ningún (0).

Abstencións: oito (8), ( dos/as Sres/as Puentes Rivera, Silvar Canosa, García Balado, Rodriguez Carballeira, López Rodríguez, Lourido González, Rey Sampayo e Sánchez Martínez).

viernes, 27 de noviembre de 2009

Hace un año...



Zapatero aseguraba que iban a intentar reabrir la antigua Astano.De momento, nada de nada.

Almunia, al frente de la cartera de Competencia como vicepresidente de la Comisión

Se ha producido un cambio en la cartera de competencia,esa con la que el gobierno socialista,pacto en 2004,el veto a Astano hasta el 2015.

Siempre se han quejado de que la CE,no era partidaria a la revisión de ese veto.

Ahora un socialista estará al cargo de Competencia,en el Sr Almunia caerá probablemente el decidir,si hay o no construcción naval civil pública en España.

¿Tendrá la fuerza necesaria este nuevo comisario de Zapatero para reabrir Astano?


Joaquín Almunia ha sido nombrado nuevo comisario europeo de Competencia, una de las responsabilidades económicas más importantes del Ejecutivo de la UE. El español, de 61 años, también será uno de los tres vicepresidentes de la Comisión dirigida por José Manuel Durão Barroso.

El socialista, hasta ahora comisario de Asuntos Económicos y Europeos, sustituirá en el puesto a la liberal holandesa Neelie Kroes. "Almunia, todos lo sabemos, es uno de los mejores comisarios de estos cinco años, un hombre muy competente que ha demostrado también su convicción europea y por eso he pensado que era muy justo confiarle la responsabilidad de vicepresidente de la Comisión", explicó Barroso en rueda de prensa. "Es el reconocimiento del trabajo excepcional que ha desarrollado todos estos años", insistió el presidente del Ejecutivo comunitario.

La permanencia en la Comisión de Almunia fue posible después de un 'trueque político' gestado hace un par de semanas por José Luis Rodríguez Zapatero, que renunció a presentar a su ministro de Exteriores, Miguel Angel Moratinos, al puesto de ministro de Exteriores.

La defensa de la libre competencia dentro del mercado común es una de las atribuciones más importantes de la Comisión de la UE. En su nuevo cargo, Almunia tendrá auténticos poderes ejecutivos para controlar las ayudas a la reestructuración de los grandes bancos europeos, incluidas las cajas de ahorros españolas, para multar a grandes empresas que abusen de posición dominante -como ha ocurrido con Microsoft o Intel- o para vetar las subvenciones que los Gobiernos conceden a sus 'campeones' nacionales.

También deberá determinar la legalidad de las ayudas al cine español si el caso no se resuelve antes de febrero, fecha en que la Eurocámara ratificará a la nueva Comisión. La cartera de Competencia responde en todo caso al puesto que pedía España por tratarse de un departamento económico y "potente", según explicaron fuentes del ministerio de Asuntos Exteriores.

Reparto de carteras

El portugués Barroso presentó oficialmente a su nuevo equipo de 27 comisarios. "Se trataba de dar los puestos adecuados a la gente adecuada", aseguró. "Mi nuevo equipo es una mezcla de talento, equilibrio de géneros [hay 9 mujeres, una más que en el primer Ejecutivo Barroso] y es también un reflejo de pluralidad política", agregó.

La británica Catherine Ashton, elegida como alto representante de la UE, será también vicepresidenta de Barroso junto con Almunia y Neelie Kroes, al frente de Agenda Digital.

El finlandés Olli Rehn se hará cargo de la cartera de Asuntos Económicos y Monetarios, mientras que el alemán Günther Oettinger tendrá la de Energía y el francés Michel Barnier, ex ministro de Exteriores del país galo, la de Mercado Interior y Servicios.

elmundo.es

lunes, 23 de noviembre de 2009

No creo que haya un armador en el mundo que hoy construya un sísmico y no hable con nosotros

José Francisco Viñas, presidente del astillero vigués Hijos de J. Barreras se confiesa ?«moderadamente optimista» sobre el repunte de las contrataciones en el naval. Reconoce que existe una competencia feroz provocada por un despliegue sin precedentes por parte de Corea, China y Japón por intentar hacerse con todas las operaciones del mercado.

«Todos estamos en lo mismo, preocupados por conseguir horas de trabajo», afirma.

-¿Dónde está buscando mercado Barreras?

-Si baja la demanda tengo que hacer un esfuerzo para abarcar un mercado mundial. En nuestro caso nos dirigimos a barcos de altísimo valor añadido y ahí apuntamos a todo lo que se mueve en el mundo. Cuanto más complejo sea, más posibilidades tenemos de conseguirlo. -Hay carga de trabajo contratada hasta el año 2011. ¿Cuándo se recuperará la contratación? -Soy optimista, pero tremendamente realista. Cada barco que sumemos va a ser muy complicado de conseguir. Estoy convencido de que antes de fin de año habrá nuevos pedidos. Tenemos abiertos muchos frentes y entre 10 y 12 operaciones en marcha y antes de que acabe el 2009 creo que deberíamos de tener dos barcos más en la cartera de pedidos, siempre que la paz social lo permita, porque los armadores le tienen pánico a la conflictividad.

-¿Qué tipo de barcos, «offshore», ferris...?

-Con la subida del barril de brent va a haber muchas inversiones en el tema offshore y Barreras va a estar ahí. No creo que haya un armador en el mundo que hoy construya un sísmico y que no hable con nosotros. Otro de los nichos de mercado es el de gas licuado LNG (metano) o LPG (butano); y el del transporte multiproducto, quimiqueros muy sofisticados de hasta 20 segregaciones. También mantenemos contactos intensos en el nicho de los pequeños cruceros Spedition , con capacidad para 200 personas y un máximo de 200 metros de eslora. Y también vamos a entrar en la familia de los cableros de élite, para el transporte de fibra óptica para tendidos transoceánicos.

- ¿Han mejorado el apoyo financiero para el naval?

-Barreras, como astillero, no tiene problemas de financiación en ninguno de sus barcos, ni lo prevemos. Otro tema es que el armador no encuentre apoyo financiero para determinadas operaciones. En este aspecto, la Xunta se está comportando con generosidad. El último ejemplo de esto último es lo que acaba de ocurrir con el armador de un barco de Metalships.

domingo, 15 de noviembre de 2009

Como recuperar un estaleiro punteiro en Europa



Xurxo González . A paralización da actividade no estaleiro de Fene até 2015 suporá a xubilación dalgúns dos mellores operarios do continente, cuxa experiencia se perderá. Núñez Feixóo reclamou en Bruxelas a eliminación do veto que limita o seu uso, e conta neste asunto coa unanimidade política e sindical. A presidencia española da UE en 2010 representa unha gran oportunidade

Unha empregada da sé de Navantia en Madrid descúlpase por non poder autorizar a este xornal para entrar nas instalacións do antigo estaleiro Astano. Os responsábeis desta compañía estatal que xestiona os estaleiros públicos non consideran axeitado que a prensa visite as instalacións do concello de Fene, unhas das máis amplas e modernas de Europa pese a pasar por varios períodos de inactividade case total. O actual xa dura cinco anos e, se non se remedia, pode estenderse aínda cinco máis, até decembro de 2014.

Pese a non poder acceder o recinto, a localización da antiga Astano permite apreciar desde a outra banda da ría, no concello de Ferrol, as enormes gradas baleiras e a monumental e característica grúa-ponte parada e silandeira. Quizais os responsábeis de Navantia non consideran axeitado que a cámara capte de preto a soidade das naves industriais de quince metros de altura, adaptadas para a produción metalúrxica máis avanzada. Onde nos anos setenta traballaban preto de 10.000 persoas, hoxe quedan só 300 operarios.

A razón de que polas barreiras de acceso de Navantia en Fene pasen menos dunha décima parte das persoas que podería empregar está nunha imposición da UE: A Comisión Europea e o Goberno español acordaron limitar as funcións dos estaleiros de Fene e de San Fernando durante dez anos para non ter que abonar ás administracións comunitarias unha multa de máis de mil millóns de euros. A sanción debíase a que o Goberno do Partido Popular concedeu, entre 1996 e 2004, axudas ilegais a este sector.

700 soldadores de elite

Alberte López Abella e Ramón Cubero son dous soldadores que coñecen ben Astano. Ambos traballaron nas súas instalacións desde finais dos anos sesenta e hoxe exemplifican un drama que se aveciña, o da falta de transmisión do coñecemento entre xeracións. Abella é encargado na auxiliar Metalúrxica do Atlántico, na que se está a tramitar un expediente de regulación de emprego. Cubero está no paro logo de ser despedido hai poucos meses.

Os dous superan os sesenta anos, e a súa principal preocupación non é tanto o seu propio emprego (“quédanos pouco para retirarnos”) senón o futuro da comarca: “os mozos teñen ganas, pero non teñen oportunidades. Ademais en poucos anos xa non teremos nin forzas nin ganas para ensinarlles o que sabemos”.

Ensinanzas apreciadas en Euskadi

López Abella e Cubero son dous dos 700 soldadores expertos que se calcula que quedan na comarca de Ferrolterra. Ramón Yáñez, profesor de Economía e un dos promotores dunha iniciativa lexislativa popular para a recuperación do estaleiro fenés para a produción naval, insiste coma eles en que é vital apurar a volta á construción naval de Astano para que a comarca non perda a sabedoría acumulada.

A valía dos traballadores formados en Astano está probada pola súa traxectoria nos últimos corenta anos. Ramón Cubero sinala que dominan “técnicas punteiras, adquiridas de empresas estadounidenses e norueguesas”. A proba é que nas épocas en que non podían traballar en Fene deixaban as súas familias para realizar montaxes “en plataformas petrolíferas, nucleares e refinerías en diversos puntos de Europa”. López Abella traballou co Grupo Cachaza en estaleiros bilbaínos a finais dos noventa, e apunta “que estabamos tan ben considerados que o goberno vasco promovía que formásemos operarios locais. Polas mañás traballabamos e polas tardes dabamos cursos”.

Máis de 16.000 sinaturas avalan o desexo de salvar o antigo Astano
Con algúns matices, as organizacións sindicais e empresariais da comarca e os tres partidos con representación no Parlamento apoian hoxe a volta de Astano á construción naval. Así, o grupo Iniciativa 21, formado por profesores de Universidade, empresarios, políticos e sindicalistas de distintas tendencias, conseguiu que PP, BNG e PSOE se comprometesen a tomar en consideración e debater unha iniciativa que pide a reactivación de Astano, e nomeadamente a súa dedicación a actividades que requiren unha axeitada formación do persoal e tecnoloxía avanzada.
Estímase que a recuperación de Astano para a construción naval crearía entre 3.000 e 5.000 postos de traballo directos nunha comarca na que o desemprego afecta a 15.000 persoas. De repetirse a distribución deses traballadores en décadas pasadas, a creación de emprego sería maior, xa que Astano favorecería o consumo por toda a comarca, desde Cedeira a Pontedeume.
Ramón Yáñez apunta que, pese a que o mercado de barcos de transporte máis sinxelos está saturado e sufrirá un retroceso pola crise económica, outro tipo de produtos máis complexos como os chamados off-shore (plataformas petrolíferas ou outras grandes estruturas que se sitúan no océano) terán un mercado crecente nos próximos anos. Este economista sinala que “Astano deu perdas nos anos noventa cando comezou a fabricar este tipo de produtos, pero no 2004 xa comezaba a dar ganancias e acumulara un importante prestixio internacional”.
Yáñez espera que “en febreiro ou marzo o Parlamento galego aprobará a iniciativa. O primeiro semestre de 2010 coincide coa presidencia española da UE, e hai que aproveitala para que a Comisión cambie a súa actitude como xa fixo noutros casos similares”.

CCOO e UGT prefiren a produción militar
Nicolás Pato, secretario da Federación de Industria de CCOO en Galicia, ten o seu despacho en Ferrol. Alí indica que o sindicato, como todas as forzas sociais da comarca, opúxose á limitación da produción en Astano, pero difire con Yáñez sobre cal debe ser a solución a buscar. Pato opina que o mellor sería apostar pola construción militar, función á que xa se dedica o antigo estaleiro Bazán, hoxe Navantia Ferrol. “O que hai que pedir é que o Goberno central se comprometa coa comarca e negocie os novos pedidos. Se tivesemos a sexta fragata [da serie F-100 da Armada española] e novos contratos co exército australiano ao mesmo tempo, é seguro que se terían que usar as gradas de Fene”.
Feixóo comprométese con Fene
Na visita que Alberte Núñez Feixóo realizou en outubro ás instalacións da UE en Bruxelas como presidente da Xunta, pediulle a Joaquín Almunia, comisario de Asuntos Económicos, que admitise a concesión das instalacións de Fene a empresas privadas. Segundo o plan de Feixóo, moi similar ao promovido por Fernando Blanco, conselleiro de Industria do anterior goberno bipartito, o estaleiro seguiría sendo de titularidade pública. Feixóo indicou que os seus plans non violan o veto comunitario, xa que “non estamos a falar de que os estaleiros públicos fagan construción civil senón de que se deixen as instalacións para que as usen compañías privadas”.
O apoio dos socialistas galegos a iniciativas que favorezan a recuperación de Astano fíxose patente en varias ocasións por medio do seu portavoz parlamentario Xaquín Fernández Leiceaga, quen incidiu en que o PSOE xoga un papel importante na solución ao veto. O BNG amosou a súa satisfacción pola posición do novo goberno galego nun asunto que está presente nos programas económicos da formación nacionalista dos últimos cinco anos.
anosaterra.org

sábado, 14 de noviembre de 2009

O PSOE ten a decisión

Figuran entre as mellores instalacions de Europa dedicadas a la construcción naval,pero
sobre elas medra a herba.As autoridades prohiben o acceso a fotógrafos ao lugar.Trátase
de Navantia Fene (antes Astano).

O presidente da Xunta,Nuñez Feijoo vén de pedir que se lle permita de novo construir buques
,aínda que sexa recurrindo a iniciativa privada.Unha idea que se lleparece a formulada polo BNG
durante o goberno bipartito.A decisión está en mans de Madrid.Algúns socialistas
,como o portavoz no parlamento galego,Xaquín Leiceaga,reconocen que xa non é só unha
decisión europea,que o estaleiro podería volver a traballar e que sería un bo remedio para a cirse
na comarca de Ferrol.

+ no diario a nosa terra desta semana.

viernes, 13 de noviembre de 2009

López Garrido argumentou que o tema de Navantia é tecnicamente complexo e ten moitos problemas de carácter legal.

Na Comisión de Comunidades Autónomas do Senado, o Secretario de Estado para a UE, Diego López Garrido, asegurou na súa resposta ao senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, que Santiago de Compostela será sede de importantes xuntas na Presidencia española da UE. Ademáis, díxolle ao senador do BNG que o Xacobeo "estará moi visíbel na Presidencia española da UE".
O senador do BNG dirixíase ao Secretario de Estado para a UE para pedirlle, entre outras cuestións, que se promovese o Xacobeo no semestre de Presidencia española da UE e que Santiago acollese algunha das xuntas de máis alto nivel da UE. A resposta de Diego López Garrido neste sentido foi positiva.
Porén, noutras demandas do BNG como a referente á volta de Navantia Fene á construción naval civil, a resposta do alto cargo do Goberno de Zapatero foi decepcionante. López Garrido argumentou que o tema de Navantia "é tecnicamente complexo e ten moitos problemas de carácter legal". Só dixo que se traballará intensamente.

A patronal de Ferrol defende a volta de Astano á construción civil


A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer) defende a volta da construción naval civil ao antigo estaleiro Astano, hoxe denominado Navantia Fene. A patronal da comarca afirma que “depende da ocupación de estaleiro, pero de calquera xeito nunca sería unha cifra desprezábel. Como exemplo, en 1972 había 6.000 empregados na empresa principal”. Ademais, os métodos de produción actuais, baseados na industria auxiliar, provoca que a construción de buques ou instalacións off-shore estendese a riqueza por moitas medianas e pequenas empresas, algunhas das cales hoxe están en situación crítica.

O antigo estaleiro de Astano, no concello de Fene, hoxe integrado no grupo público Navantia, constitúe un dos buques insignia da comarca. Unha prohibición da UE, que diversos grupos de cidadáns e políticos están intentando levantar, limita a produción que se pode levar a cabo e provoca que gran parte dos seus 755.000 metros cadrados de modernas instalacións non sexan utilizadas desde 2005.

Alianza coa patronal de Pontevedra

A localización do estaleiro aumenta o dramatismo de non poder aproveitar Astano ao 100%. A de Ferrol é unha das comarcas con máis problemas de Galicia no que respecta ao desemprego. Isto a pesar de que “as empresas desta comarca alcanzan a calidade máis alta no sector naval”, segundo pensan os responsábeis de Cofer. Un indicativo desta calidade é “o desprazamento dos noso enxeñeiros por toda España, especialmente cara empresas da provincia de Pontevedra, onde son moi ben recibidos por pola súa recoñecida experiencia”.

Algúns dos proxectos presentados por distintas organización para a recuperación de Astano inclúen a participación da patronal pontevedresa, en especial a da zona de Vigo. A ferrolá non considera unha ameaza o desembarco dos empresariado do sur, senón que indican que “recentemente estreitamos os lazos coa patronal de Pontevedra, deixando abertas todo tipo de portas dadas as evidentes similitudes industriais de ambas zonas”.
anosaterra.org

jueves, 12 de noviembre de 2009

Navantia, no vende ni un solo barco




El otro día aparecía publicado en prensa que, Navantia no consigue materializar ningún nuevo pedido.Es decir,la carga de trabajo actual,es fruto de gestiones anteriores.Y es que el programa de fragatas F-100, para la armada española,y el programa de contrucción de fragatas F-300 para la armada noruega, están llegando a su fin.Curiosamente firmados con un gobierno del PP.
El "ultimo" de los contratos, es el de los barcos para la armada australiana, en lo que a los astilleros de la ría de Ferrol se refiere.

Despúes...dios dirá.Es decir a partir de 2012 (a la vuelta de la esquina), la ocupación del astillero será previsiblimente muy baja.
Y es que este gobierno,solo apostó por el sector militar, ahí la CE no puede meter mano,los barcos son facilmente subvencionables,con tratados comerciales de intercambio, con países foraneos.

Pero ni con esas, ademas podemos tener en cuenta que Korea, ya desarrolla fragatas con la misma patente Aegis,que montan las fragatas españolas,pero a un precio bastante inferior.
En plena reducción de presupuestos militares debido a la crisis financiera ¿A quien va vender Navantia un navío militar?.

Ahora COMPLETAMENTE DESMANTELADAS las divisiones navales civiles de los antiguos astilleros públicos, ¿Pretenderan que vuelvan a ser competitivos, tras un lustro de inactividad?.

En el sector naval, se trabaja sobre proyectos materializados tiempo atrás.
¿A que esperan los sindicatos para movilizarse y reclamar nuevos pedidos?.
¿Esperan a que no haya ninguna carga de trabajo?.O esperan a de aquella,que es más que probable que haya habido un cambio de gobierno, para sacar las pancartas y armar jaleo por las calles.

Si tuviesen un poco de sensatez,ya estarían presionando "a su gobierno amigo",socialista,para que obtenga algún que otro contrato, no vaya ser que dentro de tres años, tenga que ser todo privatizado o cerrado.

foto: jacobo aguilar

miércoles, 4 de noviembre de 2009

El PP presenta enmiendas a los PGE para pedir más fondos para el AVE, sector naval e infraestructuras en la comarca





El PP propone destinar 500.000 euros para cubrir el dique de la antigua ASTANO tras lograr que el Congreso apoyase por unanimidad la moción popular en la que se solicitaba la vuelta a la construcción civil de los astilleros de Fene-Ferrol

Las enmiendas del PP también demandan 15 millones de euros para implantar el servicio de cercanías entre Ferrol y Coruña, toda vez que la Comunidad gallega sigue siendo la única del litoral que carece de tren de cercanías.

Con respecto al sector naval, Arsenio Fernández de Mesa avanzó que el Grupo popular presentó una enmienda para el proyecto de cobertura del dique 5 de Navantia Fene-Ferrol con el fin de dar la posibilidad de mantener abierta la sección de carenas los 365 días del año independientemente de la climatología. En este sentido, el congresista ferrolano recordaba que hace escasas semanas el PP conseguía sacar adelante una moción con la unanimidad de la Cámara para exigir al Gobierno que cumpla sus compromisos políticos e inversores con los astilleros de Navantia Fene de manera que este pueda dedicarse de nuevo a la construcción civil.

A mayores, Arsenio Fernández de Mesa avanzaba que el PP incluía una enmienda al capítulo de Inversiones Reales para solicitar inversiones militares en infraestructuras y otros bienes por valor de 11 millones. En este sentido, De Mesa explicaba que la enmienda se enmarca en la preocupación del Grupo Popular por el futuro de Navantia, de la que dependen 5.535 empleos directos y un número también importante de indirectos y que no semeja tener previsto la incorporación de futuros pedidos al remate de los actuales, encargados en su día por el gobierno del Partido Popular.

http://ppdeferrol.blogspot.com/