viernes, 7 de octubre de 2011

Ahora o levantamento do veto,é máis necesario que nunca


Hai un dito que dí "situaciones desesperadas necesitan medidas desesperadas",a el poderiamos recurrir pra establecer a situación na que nos atopamos neste momento. Faí un ano que Ferrolterra se movilizou pra demandar o levatamento do veto a antiga astano. Preto de 4.000 veciños da comarca percorreron as ruas de Ferrol denunciando a situación de infrautilización de Navantia Fene.Xa,na praza de armas,o escritor Manuel Rivas abogaba por unha nova primaveira pra o sector naval.O país que mellor sabía facer barcos no mundo,non os podía facer...

Os sindicatos (CCOO e UGT) , pola sua parte,non quixeron tomar parte nela. A razón: A posible privatización da empresa. Xa choveu moito dende aqueles días. A situación da compañia tornase bastante negra.Non hai pedidos a vista.Pero o peor de todo vanno pasar os empleados das compañias,que pronto irán desfilando un tras un polas portas do estaleiro.

Ahora que lle ven os dentes ao lobo,claman por aunar apoios.Reclaman outra subvención do estado pra ir tirando. Porque,digamos as cousas como son.O dique flotante, é unha subvención encuberta.
Os sindicatos en ningún momento falan da ocupación real dos diques actuais.¿Cantos días ao ano terá que estar ocupado pra ser rendible?.¿Cal é o tráfico que poderá ter?.A ver se o van facer para telo vacío, como as gradas de Astano....

Os sindicatos nunca entenderon de rendibilidade,de competividade,oportunidade....so queren que se construa cos cartos públicos e punto. Ahora que o incendio espallouse,os propios pirómanos son os que tratan de apaga-lo lume....
Queren creer que a Comisión europea vai mirar pra outro lado, sen considerar que iso serían axudas ilegais. Turrar e turrar unha e outra vez contra unha parede...ala eles.
Os que pensen que iso é factible nas condicións actuais,son libres de crelo.Os que prefiran coñecer a realidade, poderan saber que Navantia non ten cartos nin intencións para facelo.

Estamos en plena campaña electoral.Todos prometen moitas cousas, pero unha vez pasadas,dirán que as cousas son diferentes de como creían...Acordadesvos do "gran centro de reparacións navais" da campaña de Feijoo, da revisión do veto na presidencia da UE.....

Ahora xa superamos os 17.000 parados, hai un goteo semanal de despidos que non ten visos de parar.

¿Quen se pode atrever a decir que aínda temos que agardar ate o 2015 para renegociar o veto da CE?.

¿Quen se pode permitir botar 3 anos sen traballo?.
 ¿Que familia de Ferrolterra pode agardar 3 anos sen un soldo?.

¿Cando entrarán en razóns os dirixentes políticos e sindicais?. Temos a espada de dámocles enriba da cabeza, e mirando para outro lado non imos evitar que explote a indignación da masa social.

Estase chegando a un punto no cal independentemente da formación universitaria ou experiencia profesional, un está condenado ao paro. E isto, son verdades coma puños.Porque cada un de vos coñece a historia de alguén que encaixa no anterior. ¿Quen é o culpable desta situación?.

Deixouse de lado un sector especializado como o Offshore, no cal investironse miles de millóns  dende a reconversión, prexubilando ao persoal de oficinas técnicas, perdendose moitisimo coñecemento e know-how das plataformas petrolíferas,o sector eólico, a fábrica de turbinas, e todo co mutismo das centrais sindicais....
O modelo da empresa empeza a estar en entredito.A CE estará atenta a calquer movemento que se faga, pra velar pola  libre competencia.O dique non será a solución de Navantia. Dende logo esta terá que pasar pola innovación tecnóloxica e productividade nun sector que teña realmente demanda futura no mercado.
No militar,dende logo que non.Por iso  hai que levantar ese cortapisas político imposto dende Europa, e o cal,os mesmos signantes,non queren renegociar, porque a fin de contas, eles foron os que aceptaron aquelas regras do xogo,e reclamar a extinción da prohibición sería ir contra o que eles memos firmaron.

Senón se toman medidas as cifras de parados sen nengún tipo de dúbida chegarán máis ben cedo aos 20.000 parados...










No hay comentarios: