CCOO: UN BALANCE RAZONABLEMENTE SATISFACTORIO
En maio de 2004 as autoridades europeas declaran incompatibles as axudas recibidas por Izar por valor de 1200 millóns de €. Supuña unha quebra técnica a 31 de Decembro e a desaparición de 11 centros produtivos e aproximadamente 31.000 empregos entre directos e indirectos. Comezaba unha loita política, sindical e cidadá contra-reloxo que terminou garantindo:
1. Mantemento de tódolos centros, cos traballos e as contratacións pendentes.
2. Disolución ordenada de Izar sen medidas unilaterais e con presenza sindical.
3. Expediente de prexubilación para traballador@s maiores de 52 anos e respecto ás condicións sociolaborais xa pactadas do resto dos traballador@s.
4. Constitución dunha mesa de negociación co Goberno sobre as problemáticas da Industria Auxiliar.
5. Investimentos en I+D+i para o mantemento e mellora das capacidades tecnolóxicas
6. Adopción dun modelo integral de prevención de riscos laborais.
Durante estes seis anos Navantia gozou das súas maiores cotas de contratación militar xa non soamente interna senón internacional (Australia, Noruega, Venezuela). A área de Reparacións mantense en postos de liderado europeo e en cifras record de ocupación e facturación.
Pero como nunca a alegría é completa, debemos denunciar que hai importantes compromisos incumpridos como un Plan Industrial que nos garanta a potenciación do Área Turbinas e, o mais urxente a día de hoxe, a concreción da tan necesaria sexta fragata. A pesar disto, para CCOO o balance dos efectos derivados do acordo SEPI/IZAR/Federacións Sindicais de 16 de Decembro de 2004 é razoablemente satisfactorio porque se foi importante o alcanzado no acordo aínda mais valor merece polas circunstancias en que se alcanzou.
(*) I. Naveiras é secretario DE CCOO
UGT : LA SALVACIÓN DE LA QUIEBRA Y EXPECTATIVAS INCUMPLIDAS
El 16 de diciembre de 2004 se alcanza el acuerdo de crear un nuevo grupo público de astilleros que se dedicarían como línea principal de negocio a la construcción militar, aunque manteniendo como secundario las especializaciones que cada astillero tenía en ese momento. Por otro lado se privatizan otro paquete de astilleros con la garantía de carga de trabajo para poder seguir adelante.
Nuestra valoración de aquel acuerdo es sin duda muy positiva, ya que en aquel momento era el único medio de salvar los astilleros de la quiebra, garantizando carga de trabajo y un futuro que en aquel momento se veía interesante, tanto para Navantia como para los astilleros que se privatizaron. A día de hoy vemos que no se cumplieron las expectativas creadas, ya que Navantia, si no se remedia, en muy poco tiempo se quedará sin carga de trabajo, tampoco se cumplió con lo comprometido en dicho acuerdo en referencia al plan industrial de la compañía, ni en lo referente a la propia especialización de cada uno de los centros.
En todo caso vemos que esto es consecuencia entre otras cosas de la crisis que hay a nivel mundial, y pedimos a la dirección de la compañía que realice los esfuerzos necesarios para poder mantener la ocupación a niveles similares a los años anteriores. Para ello solicitamos que se construya la fragata F-106 comprometida, sin renunciar a cualquier tipo de contrato que pueda surgir aunque no sea militar.
(*) josé Rico es representante de UGT y presidente del comité de empresa de Navantia Fene
USTG: TOMAR CONCIENCIA DA GRAVIDADE DA SITUACIÓN
Os Acordos entre a SEPI e IZAR cos representantes sindicais de USTG, CCOO e UGT de 16 de decembro de 2.004 supuxeron, por unha banda a creación de “Navantia” como referente do sector público dedicado á actividade de construción naval militar integrando os centros de Ferrol, Fene, Cartagena, Puerto Real, San Fernando e Cádiz, así como o Centro corporativo de Madrid e pola outra crear a “Nova Izar” na que se integraban o resto de centros, Sestao, Sevilla, Gijón e Manises para, nun proceso de disolución ou privatización, superar a situación de quebra dos estaleiros públicos dedicados á construción naval civil por mor da mala xestión da administración, a brutal competencia dos estaleiros asiáticos e a esixencia desde Bruxelas da devolución das axudas aplicadas ilegalmente polo goberno de entón aos estaleiros civís.
Dixemos entón que se trataba do mellor dos acordos posibles e hoxe temos que dicir que tiñamos razón. A nosa teima de conseguir que no Sector Naval público seguisen Astano e Bazán de xeito que a súa síntese fose a mellor garantía para o seu futuro constitúe un obxectivo que se cumpriu, pese ós intentos desde sectores empresariais e políticos nacionalistas de que quedase no sector civil para a súa privatización, que chegaron a que desde a Consellería de Industria da Xunta se pretendera a privatización do centro de Fene e súa venta ao estaleiro de Barreras. O sucedido desde entón cos estaleiros civís privatizados confirma o acertada da nosa posición, que foi referendada pola inmensa maioría dos traballadores.
Sen embargo a día de hoxe desde a USTG, seis anos despois da firma destes acordos de 2004, temos que denunciar que unha parte destes acordos segue sen terse cumprida. O compromiso de carga de traballo referido á construción da sexta fragata F-100, fai que a garantía de carga de traballo non vaia máis alá do ano 2015. Do mesmo xeito, aínda estamos a voltas co plano industrial para impulsar a dinamización da industria auxiliar que permita manter o nivel do seu emprego e, así mesmo, a unificación dos Convenios é unha tarefa pendente.
A responsabilidade desta situación e múltiple e variada: da empresa, que mentres que nalgúns centros se esforza en adxudicar carga de traballo, en Navantia Ría de Ferrol non só non se adxudica nada se non que se incumpre o pactado.
Dos sindicatos maioritarios, que templan gaitas coa empresa e os seus “colegas” dos Centros localizados noutras Comunidades.
E do goberno estatal, que sigue a actuar desde o punto de vista da rendibilidade electoral e non de rendibilidade industrial e non acaba de compensar as negativas repercusións da reconversión naval en Ferrolterra.
Cremos preciso polo tanto que, na Comarca de Ferrolterra, tanto desde o ámbito sindical, como do político e do social, se tome conciencia da gravidade da actual situación e en consecuencia, nos dispoñamos a esixir a todos os niveis a dotación urxente de carga de traballo aos nosos estaleiros, pois como é sabido, sempre foron e serán vitais para o sostemento económico e a xeración de emprego da nosa Comarca.
(*) josé Francisco Salceda, asinante dos acordos pola USTG
CIG: É XUSTO LEMBRAR
Seis anos despois dun novo reaxuste da construción naval na nosa comarca, atoparémonos que os seus responsables voltarán a pedir á cidadanía a necesidade da súa defensa como sector estratéxico. Nós, o nacionalismo, tamén estaremos. Mais é xusto lembrar que daquela, antes, e durante a vixencia do Plan asinado por CCOO, UGT e USTG, co Goberno, fomos os únicos que non só seguímonos a mobilizar. Por desgraza acertamos unha vez máis na diagnose.
Hoxe xa ninguén poderá dubidar que esta nova reconversión, foi un paso máis nas políticas coincidentes, tanto do PP como do PSOE, de primar unhas zonas do Estado sobre de outras. Así, namentres a Baía de Cádiz non perdía ningunha actividade pública, senón que gañaba cota, a Ría de Ferrol tiña que escoller, entre a perda do carácter público ou o abandono de todo o que tivera que ver coa construción naval civil, incluído Off-Shore.
E unha vez máis desembarcan na nosa comarca eses do dobre rostro. Branco aquí e negro en Madrid. Primeiro PSOE e logo PP, coa súa solución para tapar a desfeita, o Plan Ferrol, que recolle entroutros, dous piares básicos: a Construción Naval e o Sector Eólico. Máis o resultado está a vista.
E aquí a proba máis palpable da irresponsabilidade tanto do Goberno Central como da propia Xunta de Galiza. Non fixeron absolutamente nada, durante estes seis anos, máis ben todo o contrario, deixaron interesadamente finar tanto ao Clúster do Naval como ao Eólico. Xa non cola que sigan votando balóns fóra. Que se a culpa é dos de aquí ou dos de Madrid. E para mostra o último esperpento, o Decreto do Carbón, defendido en Madrid por activa e aquí por pasiva, tanto política como sindicalmente cos mesmos actores, en contra unha vez máis dos intereses da nosa comarca. Mais isto non vai amedentrar nin a CIG nin ao nacionalismo, non imos quedar pasivos diante da situación dramática que se nos aveciña. Todo o contrario, imos tirar do carro na defensa da nosa economía. Coa claridade necesaria, sabendo quen é cada quen e sen rubor. Faremos os chamamentos necesarios a todas e todos, sen exclusión, na defensa do noso dereito, “producir e vivir na nosa terra”.
(*) Manuel Grandal é responsable da sección sindical da CIG en Navantia Ferrol.

No hay comentarios:
Publicar un comentario