viernes, 1 de octubre de 2010

Os matons dos sindicatos (¿El fin justifica los medios? )

¿El fin justifica los medios?

Como se pode defender que uns individuos obriguen, coaccionen e ameazen a outros pra  que pechen o seu negocio (pra moitos a sua única forma de subsistencia) e fagan tamén folga xeral.

¿En que século estamos?.Por iso é moi sinxelo desbaratar as argumentacions de calquer sindicalista, porque eles mesmos actuan de forma antidemocrática (esa que tanto critican),actuan de forma intolerante, fascista, sen respeitar a liberdade dos outros.¿É iso o que entenden por estado de dereito...?.

¿Que dereito teñen pra facer iso?.Os seus dereitos laborais esgotanse onde empezan os meus a traballar.¿Quen pode defender tal forma de actuar?: ¿Porque calan os grupos políticos?.E falo do Bloque, de Esquerda Unida,do PSOE.

Porque eles mesmos teñen ramificacions nos sindicatos; Na Cig, CCOO e na UXT,correspondentemente.

Por eso calan. Fanlles un traballo sucio (coacionar e meter medo os cidadans),pra meterlle presión o goberno de turno.


Porque se non actuasen de forma totalitaria, como matons da mafia a "folga Xeral" sería un fracaso absoluto (aínda máis),e veríase o pouco apoío social que teñen.

¿Entón?.¿Estes partidos políticos defenden o "TODO VALE"?.Con tal de conquerir os seus obxectivos.

Esta é a sociedade na que vivimos,unha farsa.Uns sindicatos decimonónicos con practicas propias doutro século pra aparentar apoio.Incluso poidemos ver ao secretario comarcal de CCOO facendo de piquete,ver pra crer...

No hay comentarios: