O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa do deputado Henrique Viéitez Alonso e ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Proposición non de lei en Pleno relativa á limitación para a construción naval civil imposta a Navantia.
Cúmprese un terzo do mandato da presidencia da UE por parte do Gobernó do Estado Español baixo unha forte crise económica e un paro incesante. Pouco ou nada tense avanzado para impedir o medre ñas cifras das persoas desempregadas, namentres moitas empresas pechan ou presentan expedientes de regulación de emprego.
Nuns momentos de gran dureza que sacude á inmensa maioría da cidadanía, compre facer os esforzos precisos para atallar esta situación e promover as medidas necesarias para utilizar toda a capacidade produtiva e sernos capaces de enfrontar a situación.
Unha destas medidas necesarias e urxentes e a de poner todas as posibilidades que posúen as instalacións do estaleiro Navantia en Fene, estaleiro que foi obxecto de drásticas decisións que acoutaron a súa capacidade, sendo unha das máis destacadas a tomada no 2005 que lie limitaban traballar na construción naval civil.
Produto dunha decisión política gravísima, os distintos gobernos do Estado non so foron quén de resolver esta opción, senón que adían a necesaria actuación política para resolver a situación e darlle impulso a súa actividade. Neste senso cabe lembrar as distintas resolucións tomadas neste Parlamento ao respecto ou os compromisos do actual Presidente do Gobernó Español no Congreso que comprometeuse a desenvolver
unha nova ofensiva para inténtalo xa que era o momento apropiado.
A intranquilidade prodúcese, a maiores da falla de noticias en canto aos pasos dados, polas afirmacións do ministro de industria ñas que afirma que a retirada do veto
ao estaleiro sobre a limitación do 20% constitúe un "tema complexo porque a Comisión Europea non está disposta a elo" e ademáis "levaría a reabrir o expediente de Izar" avisando que "hai que proponerse se interesa ou non a reapertura dése expediente".
Dada a situación grave que sigue ocasionando esta decisión, e polo que formulamos a seguinte proposición non de lei dende o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego:
O Parlamento de Galiza insta ao Gobernó Galego a:
Io) Que solicite as explicacións necesarias ao Gobernó Español sobre as xestións
realizadas ata a data e as medidas tomadas para poner fin ao veto para a construción
naval civil.
2o) Que se reabra o expediente de Izar para clarificar, dunha vez por todas, a situación e se elimine a limitación do 20% na construción naval civil.
3o) Urxir a necesidade de aproveitar a presidencia española na UE para resolver a situación de Navantia.
Santiago de Compostela, 26 de Febreiro do 2010
Asdo. Henrique Viéitez Alonso
Deputado do G.P. do BNG
Carlos Aymerich Cano
Portavoz do G.P. do BNG
No hay comentarios:
Publicar un comentario