lunes, 9 de mayo de 2011

Para Iván Puentes ,o estaleiro ben pechado ata o 2015


Xa tenos na mesa o programa de goberno do actual grupo de goberno do concello de Fene.
Respecto ao estaleiro, o actual alcalde descobre as suas cartas:

-"Colaboraremos con Navantia para poder concretar novos pedidos que manteñan e aumenten a carga de traballo en ASTANO tanto no sector militar como no civil, unha vez que remate o veto..."

É dicir, ata o ano 2015, o principal motor da economía do concello (exceptuando aos xubilados e prexubilados) continuará en hibernación. Esperemos que os parados de Ferrolterra poidan agardar 4 anos sen traballar.

Dende o concello non se vai impulsar ningunha iniciativa ou reclamación perante o goberno central (agás que cambie de cor....) encaminada a unha revisión do veto da antiga Astano.
Teremos que conformarnos con manter esas instalacións infrautilizadas, cun paro galopante na comarca, e condeando ao persoal perfectamente formado a emigración ou ter que vivir dos subsidios.

Esa é a realidade,pero aínda así continuan a enganar con falsas promesas coma a dos "activos ociosos" (e levamos así dende o 2007) ou a eólica offshore, na cal xa hai varias empresas de ese sector con moi baixas espectativas.
É dicir ALARGAR A AGONÍA catro anos máis.¿Que quedará en pé no ano 2015...?.
Se esas son as opcións dos socialistas,mellor que vendan todo e fagan outro parque,que jiso si que teñen experiencia.

Por outra parte, tamén sabemos que a candidatura do Bloque si que aposta por revitalizar a antiga Astano. Para algún iso é oportunismo político, pero a realidade é que ano tras ano mantiveron a mesma postura. Outra cousa é que "sabiendo como se las gasta" o actual alcalde neste tema, se están dispostos a apoialo noutra investidura .
Do PP, non se sabe nada, exceptuando en Ferrol a José María Rey Varela que no seu programa electoral fala dun "Plan estratéxico do sector naval".A que se refire, so o sabe el.Quedará para a posteridade como "O centro de reparacións" das eleccións autonómicas de 2009.

No hay comentarios: