jueves, 10 de febrero de 2011

Galictio,¿Emigrar ou deslocalizar?


Xa está en marcha o novo proxecto creado polas empresas auxiliares de Navantia:
Electrorayma,Indasa ,Gabadi e Tecnymo.

A razón da creación deste proxecto podemolo resumir na próxima baixada na carga de traballo do estaleiro público,do cal dependen fundamentalmente. Non debemos esquecer que Navantia Fene-Ferrol,por moi público que sexa,é un estaleiro de síntese.Unha pequena parte de persoal é fixo, pero a gran maioría é de empresas privadas.Todo un éxito conquerido coas sucesivas reconversións....

Que lle chamen como queiran,pero iso é emigrar
¿Que beneficios vainos reportar na comarca?.Evidentemente,vai ter que ir bastante persoal, para aló.
Son familias,que de non ser por esa oportunidade, estarían abocadas moi posiblemente a despido, xa que estas empresas sen os ventaxosos contratos públicos,non terían carga de traballo,e irremediablemente terían que pechar.Non ofertan tecnoloxía, so man de obra cualificada.


Non van facer as Americas, aínda que vaían para aló...
Nun mundo tan globalizado, nadie regala duros a catro pesetas.Alí hai escaseza de man de obra cualificada. Moi probablemente irán cunhas condicións moi ventaxosas, pero iso si, terán data de caducidade. E esa será en canto eses novos estaleiros sexan autosuficientes.Cando o persoal autóctono, que cobra moitisimo menos, este formado, non lles quepa duda que a regras do xogo han cambiar....e pronto esten de volta.


É imposible invertir na nosa terra

Coas cifras de parados,empresas pechando, e demais Eres,¿Como non se intenta que poidan invertir aquí?.

Por moitas voltas que lle queiran dar, que todo isto tamén será beneficioso,a realidade é que onde si que van a crearse moitos postos de traballo será alá. Entre 4.000 ou 5.000 empleos,polos 100 ou 200 que mandaremos dende aquí.


Mentres tanto,aquí teremos 18.000 parados máis, sen visos de que nada vaía cambiar, maís ben a peor.esa é a realidade e non os botes de fume do plan Ferrol. Porque a realidade é que os 800.000 metros do antigo estaleiro, seguen estando ociosos.Nesas instalacions,non vai a entrar ningún novo traballador ata dentro de catro anos,e se seguimos esperando, daquela si que xa non vai entrar nadie, soamente a cortar toxos. Nin instalacions, nin persoal, nin proxectos de futuro.
Sempre quedará marchar pra outro lado.....

No hay comentarios: