Hoxe firmouse o acordo de construcción dun novo estaleiro en Brasil.O que vai signficar é que varias deceas de persoas e familias terán que coller as maletas,e ir pralo. Para nada son boas noticias,máis ben son pésimas.Por riba de todo iso,e como ben saben eses mesmos traballadores, podían ter o pé da casa,un estaleiro,que moi probablemente tería carga de traballo.
Pero ante todo isto,os sindicatos calan.Non se atreven a recoñecer que Navantia vai pasar por números vermellos,e quizáis entre en quebra "a empresa é forte",dirán algúns. Pero hoxe en día, coa CE, vixiante ,non se volverán a permitir calquer tipo de axudas públicas. Ao tempo....
A única esperanza vaise fundamentandose en coller as maletas,pra Alemaña,Uruguay,Brasil...menos poder traballar na casa.¿Con que contos aparecerán o Sr. Irisarri e o Sr. Puentes nas próximas eleccións?.
Xa estamos en 18.000 parados na bisbarra,e aveciñanse bastantes máis.En Ferrol actual alcalde,fala dunha cidade maravillosa e próspera, unha visión alonxada da realidade,descoñecedora da problematica pra atopar un traballo na cidade.Nembargantes o S. Iván Puentes atrevese a eloxiar o anterior presidente de Nvantia,co cal ningún Fenés entrou a traballar no estaleiro durante o seu mandato.
Atrévese a vaticinar un incremento de poboación no concello,pero......a partir do 2015,cando Astano poida competir sen vetos.Mentres tanto os veciños de Fene, poderán ir escollendo as maletas, porque no seu pobo,non terán ningunha posibilidade para traballar.
E este non se pon colorado cando o dí.....
No hay comentarios:
Publicar un comentario