sábado, 19 de febrero de 2011

Agora dían que queren facer torres para muiños, esa e a alta tecnoloxía...

 No día de onte foí a Fene o director de Navantia a expoñerlle os plans de futuro para as instalacións ao aínda alcalde e o "non grato en Fene" Xavier Carro.

A postura de Iván Puentes, totalmente tutelada ao deputado Cedeirés, non se alonxa da estratexia seguida ata o momento:

"Que en Fene non existe un estaleiro, senón uns talleres auxiliares da antiga Bazán, pilar fundamental, das instalacións da ría. "

Antes era unha empresa do sector enérxetico a que se ía a asentar alí.Pasou o tempo,quedando a luz a mentira.Agora volven con outro bulo. En  Fene non se botarán mais barcos, vanse facer torres para aeroxeneradores offshore.


Esa é a aposta de futuro."Economía sostible"....

Vai ser que ese sector xa foí realizado nesas instalacións faí xa 20 anos.

A antiga Imenosa, realizou grúas, e bloques pra barcazas de apoío. Ao final "nada nuevo bajo el Sol". Industrial del metal SA,tamén cerrou....

Dende este goberno insisten unha e outra vez,en realizar productos tecnoloxicamente avanzados,e as torres que queren facer en Astano, son basicamente "catro ferros soldados", vacíos de valor engadido,sinxelos pra facer en Asia en cadea.

Un barco ten bastante máis deseño,e equipamentos, que esas torres as que dín que se poden facer en Fene.Tampouco ían a empregar a moita xente.

Que nadie se leve a enganos.Con esta xente no goberno, non vaí entrar un solo aprendiz polas por esas portas.Máis que  lles pese, a fabricación duha plataforma petrolífera de últma xeneración,emprega a centos de traballadores,e non os mercados aos que se queren dirixir estas persoas.

 

Luis Cacho visitou o Concello de Fene en compañia do director da factoria de Fene-Ferrol Esteban García e do deputado Xavier Carro


O novo Conselleiro-delegado de Navantia Luis Cacho visitou esta mañá a Casa do Concello de Fene e foi recibido polo alcalde Iván Puentes no despacho de alcaldía. Cacho sustitue a Aurelio Martínez na máxima representación da compañia pública naval-militar española. Esta foi a primeira toma de contacto do máximo responsable de Navantia co rexedor dun dos concellos onde se atopa unha das factorias máis importantes da compañia.

O alcalde Iván Puentes trasladou ao conselleiro-delegado as demandas que plantexa o Comité de Empresa e que foron apoiadas polo pleno do Concello de Fene.

Luis Cacho transmitiu unha mensaxe de continuismo na xestión de Aurelio Martínez e que continuan traballando no eido comercial para incrementar a carteira de pedidos do estaleiro público español.

O alcalde de Fene preguntoulle sobre as prespectivas de negocio da compañía e particularmente da factoria de Fene máis aló do ano 2014. Cacho afirmoulle que ademáis de traballar na búsqueda de pedidos na construcción naval-militar tamén se explorar novas liñas de negocio no sector do eólico mariño para a factoria de Fene. Puentes apoiou esta idea e tamén os plans de diversificación para a factoria de Perlío. “Parécenos unha opción interesante” recalcou o alcalde.

Puentes expresou ao máximo dirixente de Navantia a súa confianza na súa xestión e que poida conquerir os froitos marcados porque iso significará a creación de riqueza e de emprego para Fene, engadiu o alcalde.
fenecom.blogspot.com

No hay comentarios: