viernes, 7 de enero de 2011

outro ano máis co estaleiro parado

Outro ano máis,e outro ano máis con Astano parado.E decimos ben ,parado,porque semellante instalacions poderían soportar 10 veces máis de operarios, pero o que ocorre nesta comarca, afeita aos desmantelamentos ,as ventaxosas prexubilacions,e algo peculiar na Galicia de hoxe.

Os efectos da crise en Ferrolterra

Aínda vanse postergando.Ferrol e comarca,conta cun índice moí alto de prexubilados dos estaleiros,ademais cos case  4000 operarios  de Navantia en contratas,máis outro tanto das empresas de Río do Pozo,podemos dicir que Ferrolterra aguanta ben o chaparrón.
Iso si,o futuro que lle agarda a mocidade,non pasará por atopar un traballo por aquí,porque "o que se leva en Ferrol" é o colchón familiar.A conta das pensións,manter e pagarlle os estudios os fillos.

Un Plan Ferrol que non soluciona nada
Un Plan concebido como coartada ao desmantelamento do sector naval, e deseñado pola persoa maís nefasta e perxudicial para Ferrolterra dos últimos 15 anos.
A mesma que tumbou o Plan Barreras,que vota en contra da renegociación  do veto a antiga Astano,e a mesma que en Madrid apoía co seu voto un plan para infrautilizar as instalacións das térmicas galegas de As Pontes e Meirama.Iso sí sempre co apoío dos sindicatos estatais UGT e CCOO (mendigos de subvenciones).
Polos vosos feitos seredes recordados....



Unha presidencia europea que non valeu para nada
Xa ninguén se acorda,pero o Sr. Zapatero comprometeuse a renegociar o veto xa  fai cousa de dous anos,e comprometeuse a facelo durante a anterior presidencia de UE, no primeiro semestre do 2010.
Moitos xa coñecen que as palabras deste pobre home,ao cal a historia afundirá no lugar que merece,outro Touriño na lista de personaxes nefastas para os intereses dos cidadáns.

O curioso de como un "político profesional" o cal nunca traballou noutra cousa, nin sabe facer nada, PODE DESDECIRSE  en dous días  sin inmutarse o máis mínimo.
Ao inicio parapetabase na defensa das medidas sociais do seu goberno o cal chegou  ao goberno coas arcas cheas,e vaíno abandoar deixando un solar  hipotecado, terminou aplicando as medidas máis restrictivas e perxudiciais de toda a democracia española.


En fin,"os da sua secta" seguirán crendo nel por moitos desmadres que faga.A nadie lle gosta recoñecer que se equivocou.Outros crense no deber de devolver o favor, porque que os mandasen para casa con 55 anos, foí un favor, aínda que o fillo vaía para o paro,esa é a mentalidade egoísta que se leva.


 Perspectivas para este ano
Son máis ben pobres, a situación do antigo estaleiro vai seguir igual ou pior,porque a medida que pase o ano, os dous barcos que quedan,vanse ir rematando.O problema vai ser para o persoal de subcontratas,os outros xa están agardando outra vez a lotería das xubilacións.
A renegociación coa CE,non ten visos de que se vaía a facer,por moito que engorden as cifras do paro,así que moitos preferirán marchar ,ou esperar 4 anos máis.



No hay comentarios: