miércoles, 12 de enero de 2011
A demagoxia do Gaías
Nestes últimos días está a parecer na prensa moitas noticias co motivo da apertura de parte do "mausoleo" do Gaías.
Ninguén entende como en tempos de crise, un goberno podese permitir gastar 400 millóns en semellante dinosaurio.Galicia non precisaba semellante estructura,e si buscaban chamar a atención internacional para captar turistas,que gastasen os cartos en facer unha copia da torre Eiffel,que seguro que ía ter máis adeptos....
Pero o caso,e que está herdanza da época de Fraga,tamén pasou polas mans do bipartito,e ben se sabe,que tampoco eles tiveron a forza de vender os edificios,e recuperar parte dos cartos,por iso debería ter a boca calada.O que toca agora será ter que pagar uns costosos costes anuais para manter todo iso en funcionamiento.
Pero si queremos falar de despilfarros,temos aquí cerca,outros,para criticar a administración de turno.
Cada fragata F100 costalle ao estado español 750 millóns de euros.
Case 150.000 millóns de pesetas que saen o erario público,é dicir que pagamos TODOS.
¿Que beneficio público obtemos os demais cidadáns?.
Unha fragata,non é un hospital,nin é unha biblioteca,¿PARA QUE CARALLO SIRVE?.
As 5 fragatas feitas ata agora custaron 4000 MILLÓNS DE EUROS.
COMA DEZ GAIAS.
Algúns poden pensar que é un coste asumible, porque mantemos ocupados a unha gran plantilla de traballadores.Pois que lles den os cartos directamente,se total a rentabilidade non importa...
Tamén o Gaias, alí tamén hai obreiros traballando....
¿Porque o Gaias é despilfarro e as fragatas non?.
A realidade é que somo ESPECIALISTAS EN TIRAR COS CARTOS, nunha sociedade globalizada onde todolos paises compiten entre sí, aquí adicamonos a cambiar farolas que funcionan ben,facer monumentos sin xeito, pagar barcos de guerra que non xeran nengún beneficio,
e todo con cartos prestados...
Que o espectáculo continue¡¡¡¡
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
E có carbón máis do mesmo, que lles den os cartos aos mineiros asturianos-leoneses-aragoneses e que queden na casa, que xa lles imos pagar igual.
Igualiño que aos cualificados carroñeiros felipe Gonzales e Aznar.
Tanto monta, monta tanto...
a cuestión é que en León,queren manter unha industria obsoleta e deficitaria,ademais de contaminante.
Estes,que poñen o decreto,son os mesmos que din que Astano xa non será rentable,que est´obsoleto,pero a industria do carbón nacional,é peor,pero na sua terra,queren seguir vivindo de subvencións.
Imaxina que o decreto o fixeran os outros,que dirían estes...
Publicar un comentario