domingo, 24 de octubre de 2010

Xavier Carro. Ferroltera é moi importante para Zapatero



Video de Xavier Carro,faí un par de meses.


Xavier Carro o deputado do Psoe pola Coruña,expón na Voz de Galicia,os beneficios dos presupostos,e das accións en Ferrolterra.
Algunhas das suas perlas do seu artigo son:

"O Estado inviste case tres veces máis na comarca que a Xunta; 103 millóns de euros fronte a 38 millóns, pero ademais faino en obras que tería que financiar a propia Administración autonómica como o saneamento da ría que a Xunta abandona na marxe sur."


"Mentres os Presupostos Xerais do Estado manteñen o investimento e o compromiso político coas grandes infraestruturas, a Xunta só mantén recursos para rematar a variante de Ortigueira sen dar comezo a ningún outro novo tramo do corredor entre Ferrol e San Cibrao"



"En relación ao tren reafirmo, igual que o ministro José Blanco sempre que ten ocasión, que a conexión ferroviaria có porto exterior de Caneliñas é unha prioridade, que estamos acelerando a súa tramitación e que terá as dotacións orzamentarias precisas en cada exercicio para se executar."

"Pero os orzamentos non o son todo, tamén conta a capacidade de xestión, por exemplo: mentres o Goberno Central acaba de comprometerse no mantemento dos postos de traballo directos e indirectos derivados da actividade da central de As Pontes, afectada negativamente polo Decreto do Carbón..."



-Isto é de traca,é vivir nun estado de hipnose ficticia ou realidade virtual.¿Este home realmente cree estas cousas?.Como pode ter tanta cara.¿Cantas familias e  mozos terán que emigrar por culpa do goberno Zapatero?.




Se alguén quere ler o seu artigo completo o ten aquí

No hay comentarios: