martes, 14 de septiembre de 2010
El decreto del carbón en el congreso
Francisco Jorquera lamentou a actitude do PP e do PSOE que máis unha vez actúan en contra dos intereses de Galiza ao seguer os dictados establecidos polas súas sedes centrais. O resultado da votación foi: 3 votos a favor, 18 votos en contra e 17 abstencións. Os socialistas votaron en contra e os populares se abstiveron impedindo así a aprobación da iniciativa.
Jorquera apelou sen éxito ao PP e ao PSOE a apoiar a proposición e defender os intereses de Galiza
Jorquera amosouse sorprendido pola emenda presentada polo PP que en ningún momento plantexou a modificación do Decreto do Carbón, paso imprescindíbel para asegurar a viabilidade futura das centrais de As Pontes e Meirama.
"Non podemos aceitar a emenda do PP porque obvia o principal que é a modificación do Decreto e só insta "a acións para que as consecuencias indesexadas que se poidan producir non se manifesten con toda a súa crudeza". É dicer, o PP confórmase con que as consecuencias non se manifesten con toda a súa crudeza", afirmou Jorquera. Ademáis, criticou que ao PP só lle preocupe resarcir a Endesa e Fenosa cando a preocupación debería ser o impacto laboral e económico nas comarcas de Ferrolterra, "iso é o que lle preocupa ao BNG".
O parlamentar nacionalista apelou aos deputados do PSOE e do PP, sobre todo aos galegos, a respaldar a iniciativa do BNG. E lembrou que a Xunta dixo que recurriría este Decreto, sen esquecer que as alcaldías dos concellos afectados son do PSOE e puxeron o berro no ceo cando se enteiraron da nova norma. "Teñen a oportunidade de defender hoxe os intereses de Galiza", aseverou Jorquera.
Oportunidade perdida de armonizar os intereses de todas as comarcas mineiras
Na súa intervención en defensa da proposición, o deputado do BNG aludiu aos argumentos empregados por un conselleiro, a proposta do PSOE, na Comisión Nacional da Enerxía, quen alertou que o desprazamentos do gas natural e o carbón importado polo carbón autóctono afectará á emisións dos gases invernadoiros. Ademáis, advertiu que o stock de carbón español debería ser para almacenaxe en caso de necesidade.
anosaterra.org
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario