Cando un pobo colabora e aplaude ao seu verdugo o patíbulo non é un castigo senón unha recompensa. ASTANO é o que é, por carecer de autenticidade e someterse voluntariamente ás determinacións de axentes externos tanto socialmente como política e sindicalmente.
Erroneamente a paternidade da coñecida frase "morituri te salutant", foille adxudicada aos gladiadores romanos cando realmente a súa autoría correspondía aos condenados á morte que participaban nas naumaquias «combates navales» en honra do emperador Claudio, pois ben, cando xa criamos superada esa época de Tiberio, resulta que coa batalla naval por ASTANO a frase recobra vixencia en razón ás insidias do Cesar Zapatero.
Este emperador trasnoitado, nado en Pucela Augusta e dominador da Hispania, semella que para seu divertimiento determinou recrear o gran circo romano no recinto de estaleiro fenés e manter sesión continua dun espectáculo de morbo inacabado, e mentres alza a súa man e en sinal de aprobación ao VETO concertado coa UE, usa satisfeito o seu pulgar cara arriba.
A este laureado experto no engano e a mentira élle indiferente o futuro do estaleiro, pois os seus actos son guiados por unha soa meta, que non é outra que manterse instalado no poder e o demais tráelle áo pairo. Por iso, para que as cousas cambien ou non, dependerá da decisión inequívoca de pór límite aos excesos absolutistas e extravagancias deste emperador trastornado e intranscendente e a destitución da súa garda sindical - pretoriana.
O que ocorre neste gran anfiteatro de ASTANO, é que son moitos os leóns e poucos os cristiáns, e mentres esta correlación mantéñase, aínda que a frase non sexa de pertenza Ave, Zeta, morituri te saluta
No hay comentarios:
Publicar un comentario