sábado, 20 de marzo de 2010

A VOLTAS CON ASTANO

XAN RAMÍREZ (*)
Estrañábame un artigo de opinión publicado, esta semana, e me puxen a facer hipóteses. Poñámonos no caso de aquilo que todos desexamos, que Astano estivera ó 100% das súas posibilidades para fabricar barcos… ¿Qué barcos ía fabricar nestes momentos, coa carteira mundial a 0? Supoñamos que no seu día o “comprara” Indunor, aquela empresa modélica. Supoñamos que no seu día se lle cedera (privatizara) como máis dun dicía, a Barreras, coa razón suficiente e única de “…ser galego”, dirixida por un xestor, que dicía outro día nos medios, que descoñecía, e na práctica non era o seu problema, si aqueles traballadores, de máis ó sur de Vigo, se lles respetaban os dereitos do pais onde estaba traballando (este)...¡tío majo él! ¿Miraría do mesmo xeito por Ferrol? Supoñamos que algún estaleiro recuperou a súa posibilidade de facer barcos, (en Xixón por poñer un exemplo) e que pola folga do naval en Vigo de dubidosa ponderación, fixo perigar os pedidos dos estaleiros, e algún quedou polo camiño, tendo que pechar as portas e dando un paso atrás, camiñando os traballadores (asturianos por poñer un exemplo) cara a emigración. Iso si ...cara a Galicia. Supoñamos que esa folga contra un muro, onde como todas as folgas salvaxes son os traballadores quen pagan, as veces co seu propio traballo que é o único que temos. Supoñamos que quen levou ó límite a situación, despidos e demais, é quen con afinco reclama, como se fora unha bandeira, a volta a Astano a fabricación en grada de barcos que “é o que mellor sabemos facer”.Non creo que ningún estaleiro sexa monopolio dunha determinada central sindical, aínda que algunha pode presumir de pechar algún. É estupendo dicir aqueles que asinen que se responsabilicen..... tamén é certo que hai centrais sindicais, que nunca asinan nada (o vemos nos convenios de Bazan) e así nunca se pillan as mans. Así que falamos de ser donos ¿de que futuro? Tal como estamos, en Ferrol, se necesita a F106 (a 6ª fragata), ó mellor outro BPE, e abrir mercados fóra, e logo ó final se empezan a encargar barcos no mundo e podemos pedir con garantías que voltemos a ocupar as gradas de ASTANO, pois o pediremos, dende a realidade! Supoñamos, que non hai escuras intencións, nin intereses, nin bandeiras convertidas en demagoxias, pero... ¿non será moito supoñer?
(*) Xan Ramírez é traballador de Bazán
diariodeferrol

No hay comentarios: