
- Ramón Yáñez Brage
Góstame soñar con Ferrolterra chea de vida e actividade. Con oportunidades de de emprego para os nos fillos e netos. Todo o que se ten feito por dotar a Ferrol dun tecido industrial alternativo ao naval é bo pero adoece dun erro de enfoque. Non hai tecido industrial elternativo ao naval senón complementario do propio tecido do naval.
Todos os produtos industriais teñen un período de vida. Son así as leis dos mercados. O naval, como todos os demais sectores, precisa de innovación constante pra estar nos mercados de maior nivel tecnolóxico. Precisa tamén de compromiso e cooperación entre todos os axentes. Non abonda con ser uns maís, senón dos mellores e nesa tarefa temos que nos implicar todos. Empresarios, traballadores, patronal sindiactos, universidade.... Se así o facemos podemos facer de ASTANO o eixo do desEnvolvemento de Ferrol e do naval en Galicia e España.
Gostánme as palabras de Toxo. Oxalá os afIliados de CCOO e UXT sexán tamén partícipes delas e se sumen á revindicación xeral da nosa comarca por un ASTANO liberado de ataduras e vetos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario