miércoles, 10 de marzo de 2010

¿Quen escollería a hora da manifestación?

Comentando con bastante xente,sobre a manifestación do próximo día 27.Casi todos chegan a conclusión de a mala hora escollida pra facela.É curioso que case todo o mundo escolle o mediodía pra facelas suas reivindicacións,cando é unha hora que impide acudir a moitas ama de casa, polo tema de facer a comida,e tamén a xente que traballa pola semana que aproveita o sábado pra facer asuntos ou compras.Penso que ese mesmo día pola tarde houbese sido moito millor.
Outro dos problemas é o posible aparcamiento,xa que pra saír dende Caneliñas,haberá que deixar o coche no centro e ir a pé ata alí,sendo os sabados pola mañan moi concurridos pra atopar estacionamiento.

Pero eche o que hai....

3 comentarios:

Alberto dijo...

Coido que a hora e percorrido se escolleu na xuntanza do pasado luns entre tódolos asistentes, forzas políticas e Rumbo 21. Non sei se é ou non a máis axeitada pero...

administrador dijo...

¿Dende logo que non.Onde aparcas o coche?.

As manifestacións mais concurridas sempre forón pola tarde...

saudos.

Manolo dijo...

Creo que cómpren algunhas aclaracións:

1.- Hai un erro na mensaxe da convocatoria. A saída non é de "Caneliñas", senón do "peirao de Curuxeiras". O erro - involuntario - non é menor, e interesa corrixilo axiña.

2.- Como comenta Alberto, a hora da convocatoria saíu da reunión celebrada o pasado Luns; logo de avaliar pros e contras da hora. Unha das máis valoradas foi, por certo, o da repercusión mediática da mobilización; e está claro que un Sábado ten máis cobertura unha nova do mediodía ca unha das 9 da noite.

3.- Creo que, unha vez acordado o día e hora, o que temos que facer é traballar para implicar a toda a sociedade comarcal. Razóns hainas, e a oportunidade penso que tamén é bastante evidente. Agora, depende de nós.

Saúdos, ánimo e DIGNIDADE!!!

Manolo.