jueves, 4 de marzo de 2010

O día 27 de marzo,última oportunidade para Astano e Ferrolterra.O seguinte tren será no 2015


Despois de tantos meses, os sindicatos xa saíron do furado(refirome a CCOO, xa que a UGT é o PSOE).Non aceptaron as invitacions de Rumbo 21,para apoiar a volta da antiga Astano ó sector civil. Nada querían discutir (semella que os sindicatos so aparecen por Ferrol pra demandar subidas salariais...).


Hoxe,Esteban Vazquez,aproveitou pra cargar contra Rumbo21,e o sector naval.
Con homes así e fácil entender porque os estaleiros foron a pique.Debería preguntarse,porque fala igual que o PSOE.É dicir.O sector naval está obsoleto,a única oportunidade pra Ferrolterra está no Plan Ferrol.

Este señor podería explicarlles os 17.000 parados (e subindo) onde os vai a recolocar o famoso Plan.

Dí Estaban Vazquez:

"Xa nos gustaría entón os traballadores da factoría naval de Perlío ter contado co respaldo de Rumbo21, que casualmente adoita plantexar as súas reclamacións nas portas dunhas eleccións, neste caso das municipais do 2011"

A realidade é que Rumbo 21.Leva rodando dende hai más de ano e medio.Gostariame saber cando cree este home que hai que presentar algunha iniciativa pra que non seña tildada de partidista, porque será díficil que non coincida no tempo con algunhas eleccions, municipais, autonomicas, ou xerais...

Está ben que o sindicato diga que non quere compartir pancarta con aqueles que defenderon o proxecto privatizador da anterior Xunta de Galicia.Pero a realidade é que na antiga Astano traballan o triple de persoal subcontratado a empresas auxiliares,que persoal propio.Se iso xa non é unha propia privatización encuberta(por certo con bastantes malos resultados).

CCOO agora toma a postura do goberno estatal( se nunca pensaron en nos...).Se so nos usaron como moeda de cambio...
Xa daquela Don Pedro Sancho (D.E.P), antigo director de Astano,decía en 1984,que nunca xamais se volverían a botar máis barcos alí. O tempo demostrou que 18 anos despois botaronse 4 plataformas offshore,e se Izar non hubese sido fulminada,houberanse firmado outras duas.

Poir iso estades mais que equivocados.Agarradesvos o sector militar como a un ferro ardente, pero meu amigo ,a todo poquiño lle chega o seu San Martiño.Dentro de dous anos xa sacaredes as pancartas,(previsiblemente contra un goberno do PP),e vos botaredes as ruas,reclamando
o apoio do pobo de Ferrolterra.
Seguide por ahí,que "vamos bien".

"Los milagros NO EXISTEN". Por moitas campañas publicitarias que gasten nos medios," a crise resolveremola nosoutros.... e demais...".A situación é a que é. Nos gobernan uns señores que negaron a crise, despois dixeron que eramos os millores preparados ante ela, e que fai pouco dicían que habían "brotes verdes" e que xa estabamos saíndo,cando O PEOR AÍNDA ESTÁ POR CHEGAR. As solucions que teñen pasan por gastar miles de millóns en obras municipais que non valen pra nada, e seguen a promover a única"industria" que coñecen,que é o ladrillo.


É DICIR.En menos de un ano,o paro vai chegar a 5 millóns de persoas,e canto maís tempo pase,mais subsidios se esgotarán.
Olvidanse por completo oe estaleiros.Cando España é uns dos paises con maiores costa da Unión europea,e cunha ampla industria naval.
A crise resolverase cando PRESENTEN PROXECTOS INDUSTRIAiS CONCRETOS,que xeneren gran cantidade de empleos, e sepamos onde poideremos recolocar a xente.

Todo o demais será fume,PALABRAS HUECAS, as que nos teñen acostumado.

En Ferrolterra,temos unha OPORTUNIDADE.É dicir,non hai nengunha certeza de que si Astano volve a construcción naval, poida volver a competir e construir barcos.Habría unha díficil tarea pra volver a poñer andar o estaleiro.Pero temos EXPERIENCIA acumulada (canto mais tempo pasa,menos),persoal formado,instalacions inmellorables,unha universidade especializada...

Se aproveitamos,e facemos un esforzo, quizais poidamos recolocar a parte de eses 17.000 persoas sen emprego.

Este próximo día 27 pasa o último tren para Astano,e tamén para a comarca.Senon se fai agora,con toda certeza haberá que esperar 5 ANOS MAIS,e daquela non creo que quede moito do estaleiro,se non se volven a sacar outro as da manga...

En Ferrolterra hai moitas familias que non poden esperar tantos anos,e os que dín que o Plan Ferrol os vai recolocar,pra darlles esperanzas,minten.

É mais que probable que ese día so uns poucos saíamos a rua e demandemos, O LEVANTAMENTO DO VETO.Outros quedaran na casa,ou irán de paseo ó Centro comercial.
(recordemos so o millar de persoas que demandaban o tren ó porto exterior)

Pero despois,cando os seus fillos terminen na universidade,ou a FP,boten uns anos no paro e terminen por emigrar,que non se queixen.
E dirán: Astano xa está PECHADO E NON HAI NADA QUE FACER.

por Manu Reboredo

No hay comentarios: