viernes, 26 de febrero de 2010

Astano seguirá cerrado hasta el 2015,y España disparada hacía los 5 millones de parados

Este xoves houbo un debate en Canal 31 sobre a eliminación do veto a antiga Astano,e foi moi esclarecedor:

Por un lado,Juan Juncal quitouse a careta,e xa o final do debate,recoñeceu que nunca máis volverase a botar un barco nesas gradas.Que nin co PSOE nin co PP,volverase a apostar polo sector naval civil.Non é rentable,nin o será.
¿Entón porque Feijoo, aproveitaba na campaña das europeas,que esas gradas so tiñan herba,que tiñan que facer barcos...?.
Simple e llanamente,mentían.O estaleiro sempre lles trouxo sen coidado,so querían e queren alcanzar o poder,seña como sexa.Por iso Juan Juncal non aproveitou ese debate pra falar das posibilidades de eliminar o veto,senón de botarlle en cara ao portavoz socialista,as contas de resultado de Navantia,con grandes perdas,e cun proxecto empresarial cun futuro bastante dudoso.
"Seguro que co PP ,esas contas ían ir moito millor...".

O deputado socialista pola zona de Ferrolterra (menuda sorte...),Xavier Carro,coma sempre puxose no seu papel de delegado por Madrid.

Astano público ante todo (aínda que so teña 100 empleados, co tempo...).
O deputado Cedeirés,aproveita sempre pra falar do grandioso "Plan Ferrol".Non é cousa de menospreciar calquer intento de reindustrialización e diversificación na comarca,pero ese Plan,é a largo prazo,e cuns resultados en empleos bastante mediocres.Mal que nos pese Ferrol segue a depender da antiga Bazán e os seus pedidos.

"Que o sector naval, non ten futuro,que os asiáticos xa han copado o mercado..."
Gustariame saber,que sectores pensa Don Xavier,que non van a absorver os asiáticos.As prantas de Biodiesel do porto exterior,xa están botando xente,e aínda que o crú recupere o seu prezo,terá que competir cos combustibles subvencionados que xa inundan o mercado.O sector eólico,outro tanto do mesmo.Todas as plantas de componentes eólicos de Ferrolterra,están con expedientes de regulación.Todas esas empresas xa deslocalizaron parte da sua producción.Para mostra ver o deserto industrial das Somozas.

Pero ante todo "a franquicia" ten que defender ao seu valedor.Non se atreven a dicir cales foron as axudas que recibíu a antiga Astano ,porque saben que non as recibíu.
Han aproveitado a capacidade de producción da antiga Astano pra pagar as deudas da antiga Izar,e as cousas son como son.

Logo que a antiga Astano,sexa ou no rentable, é outro tema.,Dende logo prexubilando e cercenando os operarios máis formados,dende logo que non.Porque dentro de 5 anos,van ter que buscar moito pra encontrar alguén que esteña formado no tema.(Os miles de millóns que se gastaron en converter o estaleiro nun centro Offshore foron tirados pola borda...).

Pero "eche o que hai".Agora que xa comeza a deterse a inercia do motor da construcción residencial,que tantos postos de traballo xerou.As obras que hai,vanse finalizando, e díficil colocación van a ter todos ese albaneis,encofradores,electricistas,carpinteiros,pintores,e toda a economía de servizos que sustentaban as obras.
¿Onde empregaremos a toda esa xente?.¿Que farán cando esgoten as suas prestacións?..
¿Será co modelo de conomía sostible?.¿Cando pensa reaccionar a xente?.
Manu Reboredo

No hay comentarios: