viernes, 29 de enero de 2010

A crise xa chegou a Ferrol,e Astano segue parado.

Manuel Reboredo

Se a crise tardou en chegar a Ferrolterra,debese en gran medida a gran ocupación de Bazán,coas distintas fragatas para as armadas australiana,Noruega e tamén armada española.Ese sector subvencionado,permite que estes navíos sexan competitivos a nivel internacional.

Xa hai noticias de que Megasa,e Poligal,van a apricar uns Eres,a maioría da suas plantillas.
Podese pensar que estas regulacions,están dirixidas a presionar os diferentes cómites de empresa(Megasa estaba en negociacions do Convenio Colectivo),e aproveitar a actual coiuntura ecónomica pra facer limpeza e sacar proveito.

Pero a realidade é a que é.Megasa dependía fundamentalmente do sector da construcción,e tarde ou temprano tiñalle que chegar o seu San Martiño.Poligal con outra pranta en Portugal quizais aproveite pra deslocalizarse definitivamente.A estas empresa sumanselle outras de sectores indirectamente relacionados co ladrillo,e outras dos sectores "tecnoloxicos" como Cachaza,LM,...
están nunha situación que non as fai competitivas.

¿Onde imos emplear a toda esta xente?.O goberno non ten nengunha resposta.
Fala dun Plan de economía Sostible,cun CONXUNTO DE VAGUEDADES e boas intencións que nen teñen nada presupuestado,nen van a materializar nada.

A solución ten que pasar por reforzar os sectores productivos do país.E ata que iso non o fagan,chegará febreiro con 100.000 parados mais,marzo con 80.000 mais, e así ata que nos aproximemos os 5 millóns de PERSONAS DESEMPREGADAS.

En Ferrolterra,xa veremos o que pasa cando finalicen os contratos actuais de Navantia,porque as secccions de enxenería,andan baixo mínimos,e non hai nengún contrato a vista.

Pero,¿Que pasará con Astano?.O goberno de Zapatero,con Almunia ao fronte da carteira de competencia na CE,prometeu que ía tentar eliminar o veto que leva 30 anos sobre o estaleiro.
A cuestión está díficil.España ten pouco peso na UE,non ten maneira de presionar,e ademais este goberno non está pola labor de reactivar o sector naval,no cal non cren ,e o cal xa o condenaron a morte no 2005,o firmar o acordo de veto coa CE.
A situación pra unha posible recativación de Astano,é unha cuestión moi díficil.A nivel técnico,a maioría dos enxeñeiros e técnicos cualificados no OFFSHORE (onde estaba especializado), foron prexubilados,PERDENDOSE GRAN PARTE DO COÑECEMENTO ADQUIRIDO.Sería empezar dende cero...

A día de hoxe non tería capacidade pra por no mercado un producto tecnoloxico diferenciado da competencia,a cal xa lle leva 8 anos de vantaxe (a última botadura foi no 2003).Ademais a competitividade do estaleiro con respecto os demais países, nun mundo tan globalizado,é bastante compricada.Ademais a nivel comercial,non parece que ese departamento sexa moi efectivo na actual estructura de Navantia.

Polo tanto,tras tantos nos sen facer un barco,e todo o anterior,é francamente díficil que un armador firme un contrato coa antiga Astano.
Pero aínda que todo iso sexa desmotivador,hai que loitar pra que polo menos nos permitar traballar,que non poñan un freo a Ferrolterra.Hai que buscar novos nichos industriais,apostar polas enxeñerías que temos (que so serven pra formar enxeñeiros emigrantes),e dende logo pola reactivación do sector naval,quetamén abarca moitos outros sectores.As instalacións polo menos xa as temos....

foto de Jacobo Aguilar.

No hay comentarios: