martes, 5 de enero de 2010

Ana Miranda: 'O sector naval só ocupa oito liñas no documento de España para presidir a UE'

A representante do BNG en Europa, Ana Miranda, denunciou que no programa de "50 follas" exposto por España, o sector naval "non figura como un elemento prioritario" senón tan só como "instrumento para mellorar a competitividade".

Miranda recordou que o PSOE se comprometeu a negociar o levantamento do veto á construción naval civil imposto pola UE a Navantia Fene até 2015, que se deriva do uso de axudas ilegais durante o goberno do PP. Engadiu que ten que ser o Estado español quen solicite a apertura do expediente correspondente á UE.

Precedentes

O BNG recordou que o socialista Joaquín Almunia vai ser un dos candidatos a converterse no Comisario da Competencia, polo que a formación política considera que Zapatero debería "aproveitar para solucionar un tema completamente inxusto".

"Queremos sacarlle as cores sobre o tema de Astano, para que non adquiran compromisos no Congreso que despois non cumpren", engadiu a representante nacionalista.

O BNG presentará unha batería de preguntas á Comisión de Industria da UE e ao Consello Europeo para que se sitúen sobre Navantia Fene e para que se permita a flexibilidade na normativa comunitaria, do mesmo xeito que noutros sectores. Miranda recordou que xa existen precedentes de modificación de vetos, como é o caso de estaleiros en Polonia.
anosaterra.org

No hay comentarios: