jueves, 8 de octubre de 2009

Os orzamentos do estado son os da fraude, segundo o BNG de Ferrol



O sector naval é prioritario para o Bloque Nacionalista Galego para o deputado Francisco Jorquera. O parlamentario censurou esta mañá en Ferrol a escasa dotación orzamentaria para modernizar a liña ferroviaria coa Coruña e para o tren ao porto exterior. Censurou que non se teña investido a partida destinada a modernizar a via dend

En momentos de crise económica e de medre do desemprego, é irresponsable continuar mantendo na práctica inactividade a un estaleiro como Navantia Fene. O BNG pelexará para que a presidencia española na Unión Europea se aproveite para meter na axenda ese tema. O antigo Astano debe volver a ser operativo para construir buques civís, segundo Francisco Jorquera. Para o responsable do BNG de Ferrol Manuel Pazo, os presupostos son os orzamentos das rebaixas, das ausencias, dos retrasos e da fraude. Sinalou que os orzamentos do 2008 xa incluiron 6 millóns de euros para modernizar a via do tren entre a estación e o límite con Narón. Só é necesario licitar e comezar a obra, segundo os nacionalistas. Tamén criticaron os retrasos na depuradora, cando tiña que estar funcionando dende o 2005, segundo afirmaron. Censuraron igualmente a ausencia de partidas para eliminar o muro de Navantia, que calificaron como “o muro da vergoña”. Para o Bloque, os orzamentos son máis que mellorabeis, e deben incluir partidas decisivas para a creación de emprego e riqueza en Ferrol, segundo aseguraron.

radiofusion.eu

No hay comentarios: