jueves, 4 de junio de 2009

O Goberno central non continuará coas xestións en Bruxelas para levantar o veto en Astano

O director da Oficina Económica do presidente do Goberno español, Javier Vallés Liberal, confirmou á asociación empresarial "IEN por Europa", con sede no municipio de Fene, que a Comisión Europea "rexeitou reconsiderar a prohibición" que pesa sobre a antiga Astano e que impide toda posibilidade de recuperación do mercado naval convencional polo menos até o ano 2015.

A asociación empresarial que preside Manuel Pérez Pérez dirixiuse ao titular do Executivo central para interesarse sobre as actuacións que desde Madrid se desenvolvían ante a Comisión Europea para renegociar, tal e como José Luís Rodríguez Zapatero prometera a finais do pasado ano.

O Goberno central informa así a "IEN por Europa" que "mantén, en todo caso, o seu compromiso co sector da construción naval, así como co aproveitamento das capacidades técnicas e industriais da comarca de Ferrol polo que se manterá atento ás circunstancias económicas e de mercado para volver suscitar a cuestión oportunamente".

Para Manuel Pérez, a resposta do Goberno central evidencia que "o único interese do Goberno central é adquirir compromisos só en momentos e ámbitos concretos, como ocorre nos procesos electorais".

Doble moral

O presidente da asociación empresarial lamenta o "conformismo do Executivo e a renuncia explícita a continuar coa presión para que Bruxelas acceda a reconsiderar os acordos de 2005", que ampliaron noutros sete anos o veto á construción naval convencional na factoría de Perlío. "A isto chámaselle dobre moral: por unha banda dicir que hai interese e un compromiso claro pola recuperación de Astano e, por outro, conformarse ás primeiras de cambio", incide Pérez.

O presidente de "IEN por Europa" pregúntase neste sentido que entende o Goberno central por "circunstancias económicas e de mercado" apropiadas para volver suscitar a cuestión. "O que hai que ter en conta é que as circunstancias polas que atravesa o país xa son sobradamente elocuentes e que é nestes momentos cando cabo tomar decisións e salvagardar, a calquera prezo, o futuro empresarial dunha comarca como a ferrolana, que continúa dependendo do sector naval como motor da súa actividade económica e como fonte de traballo", sinala Manuel Pérez.

gznacion.com


El director de la Oficina Económica del presidente del Gobierno español, Javier Vallés, ha confirmado a la patronal Iniciativa Empresarial Noroeste (IEN) por Europa que la Comisión Europea «ha rechazado reconsiderar la prohibición» que pesa sobre la antigua Astano y que impide toda posibilidad de recuperación del mercado naval convencional al menos hasta el año 2015. Tal postura ya fue anunciada por el organismo comunitario a finales del pasado mes de enero. Concretamente, el jefe de unidad de la Dirección General de Competencia de la UE, Karl Soukup, comunicó a la patronal que «la Comisión no se plantea renegociar el acuerdo alcanzado con el Gobierno español a principios del 2005», por lo que el veto seguiría vigente.

Mediante un comunicado con fecha del 27 de mayo y «por indicación del presidente del Gobierno», Vallés ha trasmitido al presidente de la IEN, Manuel Pérez, el «compromiso con el sector de la construcción naval» que mantiene el Ejecutivo, así como el «aprovechamiento» de las capacidades técnicas e industriales de la comarca de Ferrol. Por estos motivos, indica el comunicado, el Gobierno «se mantendrá atento a las circunstancias económicas y de mercado para volver a plantear la cuestión oportunamente».
lavozdegalicia.es

No hay comentarios: