domingo, 10 de mayo de 2009

O concello de Fene apoia a iniciativa de Rumbo 21 coa abstención do PSOE


Fene súmase á Iniciativa Lexislativa Popular que o colectivo Rumbo 21 promove para que se levante o veto á antiga Astano e o estaleiro volva á construcción naval civil. A moción prosperou cos votos do BNG e o PP.
PSOE e EU abstivéronse nunha sesión plenaria da Corporación, celebrada na tarde do xoves 7 de maio.

O acceso da antiga Astano a todo tipo de mercados. Esa é a misión dunha Iniciativa Lexislativa Popular que ven de recibir o apoio da Corporación de Fene. A proposta contou co apoio do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Popular. Abstivéronse o PSOE e Esquerda Unida. Como nos vellos tempos, esa moción propiciou un debate arredor de Navantia.

A abstención do PSOE explicóuna o alcalde con dous argumentos: primeiro que non se pronuncia ata que o comité de empresa do estaleiro se manifeste e segundo, que a iniciativa popular non garante que Navantia siga a ser un estaleiro público. Este segundo argumento tamén o esgrimiu EU á hora de non votar afirmativamente a iniciativa.

O concelleiro do BNG, Edgar Vigo, á sua vez membro activo do colectivo Rumbo 21 explicou con vehemencia que o único que propugna esta iniciativa lexislativa popular é que se levante ao estaleiro de Fene, inxustamente castigado, o veto a construir barcos.

Defendeu Vigo que en ningún momento se define noutro aspecto e recalcou que para conseguilo se necesitará da firma e do apoio de cada un dos cidadáns, non só dos partidos políticos.

O debate, que durou máis dunha hora, tivo miga ata o punto de que o edil nacionalista reprochóu ao alcalde, Iván Puentes, que sexa él o alcalde de Fene, precisamente do concello onde está o estaleiro, o único alcalde socialista que non vote a favor de que Astano volva a traballar.

O portavoz do PP reprochou ao alcalde que agora se guie polo que diga o comité de empresa e os traballadores cando nas reconversións, o PSOE non os escoitou. Ao fín a moción prosperou cos votos do BNG e do PP, e coa abstención do PSOE e EU.

radiofusion.eu

1 comentario:

Anónimo dijo...

Con un alcalde así sobran las palabras. En As Pontes el alcalde del PSOE vota a favor y el de Fene en contra. El mundo al revés.