lunes, 27 de abril de 2009

Falarán do levantamento da prohibición de construír buques civís en ASTANO.


O presidente da Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España abordará as perspectivas de mercado da industria naval
O Responsable de negociar con Bruselas o levantamento da prohibición de construír buques civís que pesa sobre ASTANO falará mañá das posibilidades de revogar o veto nas Xornadas sobre o Sector Naval que se desenvolven en Ferrol

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, o Vicerreitor do Campus de Ferrol, Luis Barral Losada, e os responsables de Rumbo 21. Comisión Promotora da I.L.P. para reactivar o naval galego, inaugurarán mañá, martes 28 de abril, ás 16.45 horas, as Xornadas Técnicas e Estratéxicas sobre o Sector Naval que se desenvolverán ata ao vindeiro 30 abril no salón de actos do vicerreitorado de Ferrol da UDC (Campus de Esteiro).

No marco deste encontro, Joseba Aitor Echebarría Sáenz, responsable de negociar con Bruselas o levantamento da prohibición de construír buques civís que pesa sobre Astano, falará mañá ás 17.15 horas das posibilidades que existen actualmente de revogar o veto aos estaleiros de Fene.

Nesta primeira xornada o presidente da Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España, José Esteban Pérez García, tamén abordará ás 18.30 horas as perspectivas de mercado da industria naval.

Ás 19.30 horas, os responsables de Rumbo21 analizarán as posibilidades que ten a industria naval de converterse nun sector estratéxico na economía do país e ás 19.45 horas os representantes dos grupos políticos no Parlamento de Galicia se posicionarán sobre a Iniciativa
Lexislativa Popular para reactivar o naval galego (que acaba de ser admitida a trámite pola mesa do Parlamento) como instrumento para potenciar os estaleiros galegos.
xornalgalicia.com

No hay comentarios: