Máis dun cento de profesionais e expertos procedentes de todo o Estado reúnense do 28 ao 30 de abril en Ferrol para establecer as estratexias adecuadas para reactivar o sector naval galego.
As xornadas están organizadas por Rumbo 21 Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para reactivar a Industria Naval Galega, en colaboración coa UDC e a Deputación da Coruña
O obxectivo do encontro é concienciar á sociedade da necesidade de dinamizar un dos sectores estratéxicos da economía galega e reclamar a volta de Astano á industria naval civil
Máis dun cento de profesionais e expertosprocedentes de toda España reuniranse do 28 ao 30 de abril no salón de actos doVicerreitorado de Ferrol da UDC co obxectivo de definir as estratexias adecuadas para reactivar o naval galego.
As Xornadas Técnicas e Estratéxicas sobre o Sector Naval, o primeiro encontro destas características que se desenvolve na cidade departamental, están organiza daspor Rumbo 21 Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para Reactivar a Industria Naval Galega, co obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de impulsar a construción naval civil nos estaleiros galegos e buscar os apoios institucionais e profesionais para logralo.

Ao longo de tres días abordaranse temas de gran transcendencia como as posibilidades que existen de que se revogue a prohibición de construír buques civís en ASTANO, as perspectivas de mercado da industria marítima, o naval como un dos sectores estratéxicos da economía ou o papel que desempeñan as asociacións eplataformas de apoio tecnolóxico.
A relevancia do sector naval no ámbito universitario e o apoio financeiro público e privado á industria marítima, serán outros dos moitos asuntos que se porán sobre amesa no transcurso destas xornadas organizadas en colaboración coa Deputación daCoruña e a Escola Politécnica Superior da UDC.
xornalgalicia.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario