lunes, 23 de enero de 2012

Quenes son responsables da situación actual


Xa faí case catro anos que comezou este blog a sua andaina.O obxectivo principal por riba de preferencias ideolóxicas sempre foí o mesmo:Denunciar a infrautilización das instalacións da antiga Astano. Denunciar o acordo ruinoso (xa se está demostrando ahora) adoptado polo goberno coa Comisión europea e co beneplácito das forzas sindicais CCOO e a UXT.

Aquelo era pan para hoxe e fame para mañán, coma moitas veces denunciou Francisco Rodriguez e logo Jorquera no parlamento español. En Ferrol nunca estivemos sobrados para manter 800.000 metros cadrados con 500 traballadores namais. Demostrouse que o mercado militar non ten futuro, que os países queren gastar pouco e ademais queren facelo eles.

En menos de un ano, Navantia Ferrol-Fene estarán sen nengunha carga de traballo.
¿Onde se atopan os responsables desta desfeita?.Pola parte sindical,¿Con que cara se atreven a clamar agora ao ceo se non fixeron nada?.

Isto xa se sabía dende faí más de dous anos. Xa no ano 2009 os representantes da Sepi e o do goberno
dicían que a ocupación era do 98%. Acordádesvos do Xavier Carro o cal non se bota de menos... Pretendían enganar a todo o mundo. E con algúns seguro que o conqueriron, como ao exalcalde  de Fene, Iván Puentes, que cando poido, non se quixo desmarcar do seu grupo político e apoiar a movilización cidadá de rumbo21, ao igual que o tamén exalcalde Vicente Irisarri. Polos seus actos os coñeceredes....

E todo foí para impedir a situación que tanto anoxan as centrais sindicais.Que se se renegocía o veto a antiga Astano, poida caer en mans privadas. NON HOUBO OUTRO MOTIVO.
Bueno sí, se apoiasen levantar o veto, implicitamente estarían recoñecendo que se equivocaron, porque non hai que olvidar que a negociación do goberno coa CE foí co visto bon deles.

Pois agora eché o que hai.Querían que fose público, pois o é, iso sí, sen carga de traballo e sen visos de tela en moito tempo.

Agora lamentase¡¡,botan  as maiñas ao aire, e choran, non polos "compañeiros" das compañias, que pouco a pouco van indo para a rua, choran porque se isto segue así, pode rematar todo privatizado ou pechado, porque ahí so hai deudas, de tres mil millóns de euros e ese furado que queren tapar un pouco con mantemento das fragatas, inflado de precio, para defensa, non impiden que "auga saía do cesto". Pero a cousa non remata ahí, para a lotería das prexubilacións, xa non hai boletos. Lástima haberá que "traballar" ata os 67 (ou máis).

E seguen turrando.¿Como queren saír desta?.Pois como non podía ser doutra maneira,"con cartos públicos", para variar...Seguen pedindo a sexta fragata, que so son 800 millóns de euros, evidentemente eses cartos na actual situación económica, cun goberno facendo recortes por doquier, nunca se van a consignar. E se non, pois un dique flotante, o cal me parece que ía a tardar moitisimos anos en amortizarse, (a día de hoxe aínda estanse amortizando os actuais) pero para algúns ese tema é secundario,¡os cartos choven do ceo¡.

É dicir non plantexan ningunha alternativa á SUBVENCIÓN. Seguen anclados en séculos pasados.

A única saída que temos en Ferrolterra pasa polos sectores productivos. Públicos ou privados. Pola economía de mercado.Competir e producir.
É imposible que a economía se recupere so financiando aútonomos e pequena empresas.Iso está moi ben, pero faí falla empregar a moita xente con industrias que precisen man de obra intensiva. Exportar un producto diferenciado  e de calidad, xa que esa é a maneira de inxectar cartos na economía.

Desgraciadamente unha economía basada en bares, peluquerías,pintores e fontaneiros non é capaz de xerar o emprego que agora precisamos. Tampouco con plans de despilfarro de cambiar farolas e aceras con cartos públicos nos levou a ningún lado, se non a incrementar o déficit do estado.

En resumidas contas,hai que apostar por producir, por negociar un Tax Lease que faga competitivos os nosos estaleiros, e levantar dunha puta vez o veto a construcción naval civil ,que por moito que digan algúns (que teñen o soldo asegurado) AÍNDA FALTAN TRES ANOS ,polo menos... e comer hai que comer todolos días.



por Libexim

No hay comentarios: