miércoles, 8 de junio de 2011

Pactar cos que afundiron o estaleiro


Fene sen Astano é o mesmo que Astano sen Fene.A  simbiose entre ambos faí que cando un está mal,o outro está pior.A situación do estaleiro nos últimos anos, foí tráxica. Converteron unhas instalacións preparadas pra construír megabuques, en simples talleres subsidiarios da antiga Bazán.

O resultado no estaleiro foí unha infrautilización indecente, pero no propio pobo o resultado foí unha fuxida sangrante de mozos pra outros lares, simplemente porque aquí NON PODÍAN TRABALLAR.

Ante todo isto o goberno municipal do Psoe, posicionouse de lado do goberno central:
"A situación é a que é. Existe un veto, e ata o 2015 non hai nada que facer".

Está actitude de sumisión ao aparato político, converteu ao actual grupo municipal nun simple títere político,que NUNCA DEFENDEU OS INTERESES DOS VECIÑOS DO SEU POBO, como é que o estaleiro poida emplear aos seus fillos.

O pobo de Fene falou nas urnas. Deixando de lado as cuestiones como despilfarros en parques absurdos ou farolas e froles innecesarias, a cuestión do levantamento do veto debería ser fundamental na toma de decisións respecto a un posible pacto municipal.
Aínda que é lexítimo, estafar aos veciños con alianzas imposibles, non ten dignidade moral.

Porque esixir nun pleno  a calificación de persoas non gratas a persoas afíns ao partido que permitiu a morte do estaleiro, e logo pactar ca  persoa que tiña o deber moral de ser o altavoz dos veciños, É UN TIMO.

Non valen excusas ideolóxicas nin partidarias.

Pretender sumir o pobo, catro anos, en máis desgoberno a cambio de  "alcadías e concellerías", DESACREDITARÁ calquer RECLAMACIÓN A FAVOR DA ANTIGA ASTANO convertendoo nun paripé, dandollé a razón aos que os acusan de facelo só por interes electoralistas.

Se por ideoloxía manteñen ao señor Puentes nun goberno, é que realmente non lles importou nunca o porvir dos seus fillos, SENÓN O QUE SEMPRE LLES IMPORTOU FOÍ A SUA IDEOLOXÍA.
Cunha xunta do PP,unha diputación  igual,e o máis probable que un goberno central da mesma cor.¿Que o que máis lles interesa oas veciños? .
Ao final Fene terá o que se merece...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Douche a razón en todo menos no último, o sr. Puentes tivo Xunta, Deputación e Goberno central da mesma cor e non tivo o que hai que ter para pedir ou desmarcarse das súas siglas cando o tiña que facer (como fixo o alcalde das Pontes). O PP a comezos da década pasada fixo a "fozada" de Izar e de ampliar o veto. Será Sindo capaza de plantarlle cara a Feijoo ou a Rajoy? (dubídoo moitísimo).

Anónimo dijo...

Eu tamén o dubido,pero cando o Sr. Galego non defenda os interes do pobo,no lle quepa duda de que tamén o díremos,e incluso recomendaremos unha moción de censura.

O que sí é unha certeza é que o Sr. Puentes mirou máis ben polo seu sofá no concello e no partido que polo futuro laboral dos feneses.

Anónimo dijo...

Non se comprende como en outros concellos ambas formacions reivindican os dereitos da lista mais votada e en fene andan con estas historias trasnoitada.O bng afundirase