jueves, 3 de marzo de 2011

Hacía os 20.000 parados.


A medida que pasa o tempo vanse  confirmando os peores augurios para a comarca de Ferrolterra.
O paro, incrementase mes a mes,e non ten trazas de que vaía mellorar.Aos Eres de Megasa,Poligal e outras,vanse sumar en breve,os efectos do decreto do carbón,nunhas instalacións  xa afectadas pola diminuición de cuota en favor das enerxías renovables.Pero a guinda do pastel, poderemola poñer coa reducción de carga na antiga Bazán.Os que van pagalo pato, serán os traballadores de compañias auxiliares.


Plan Ferrol
O tempo da e quita razóns.Os números cantan.O Plan Ferrol, esa telaraña feita a medida polo partido socialista e os sindicatos estatais, coa única finalidade de servir de coartada  do DESMANTELAMENTO DO SECTOR NAVAL, amosouse ineficaz e inútil. As bases sobre as que se asentaba,as novas empresas de enerxías renovables,están no candelero.Unhas pecharon,e outras como Entabán, están a piques delo.

Camiño dos 20.000 parados
A solución pasa por apostar polos sectores productivos. Aproveitar o que temos na comarca, e un dos pilares é a construcción naval. De nada serve formar desempleados en informática, se xa temos profesionais informáticos en paro.
Aquí dispoñemos de persoal xa preparado, soldadores, tuberos, electricistas, carpinteiros, e a única industria intensa en mano de obra cualificada, e a construcción naval.

Ante a imposibilidade, ineptitude ou desínteres do goberno en levantarlle o veto a empresa Navantia, unha posible das solucións podería pasar por desafectar as dúas gradas da antiga Astano que neste momento atopanse valeiras,e facer un proceso de concesión temporal a empresas privadas galegas como Metalships ou Barreras, ambas con contratos xa firmados para a construcción de novos buques e cunhas esloras compatibles coas inslacións de Fene.
A realización dalgún destes barcos mitigaría dalgún xeito a cifra de parados de toda a comarca.

No hay comentarios: