sábado, 12 de febrero de 2011

O naval civil, xa ten pedidos.


¿Como está a situación do naval civil?
Ante as constantes xustificacións ,repetindo que foí un éxito manter Astano dentro do sector público militar,fagamos unha revisión do actual estado do outros estaleiros privatizados.


Sevilla
O estaleiro de Sevilla,en quebra,vai ser rescatado por la Junta de Andalucía,siendo reactivado este mes de abril.Curiosamente,a poucos kilomentros de alí,en los astilleros públicos de Cádiz,van tentar abrir unha línea de negocio civil,coa reparación de iates de luxo,ante as poucas espectativas no ámbito militar.
Sestao
O estaleiro da naval de Sestao,ya conqueriu carga de traballo,pra dous anos.O goberno vasco,sabedor da importancia,na xeración de emprego desas instalacions,estaba a espectativa de entrar no accionariado da compañia,cousa que nonfoí necesaria,xa que firmouse un contrato por valor de 200 millóns de euros nos últimos días.Curiosamente este estaleiro,está preparado pra comezar a ofertar barcazas pra o sector offshore.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Vigo
O estaleiro Vulcano de Vigo,que pasou por malos momentos de financiación debido a unha política de expansión errónea, está a construir un barco sísmico, e pode ter opcións a construir outro xemelo.

O estaleiro Barreras,vai construir 2 Ferrys para Armas,un buque offshore para Tapias,confirmado onte,e ten máis contratos a vista,por valor de 500 mllónes de euros,que recordemos, NON SAEN DO PETO DOS CIDADÁNS, xa que son inversións privadas.

É dicir,o sector naval civil, ten futuro, se está ben xestionado.Pode ter carga de traballo,en barcos especializados.Xa sabemos que os petroleiros vanse facer en China, pero os quimiqueros,offshore,sísmicos,iates,oceanográficos,ferris, non.

Pretender que o estado invirta o custe de DOUS  GAÍAS (800 millóns de euros) pra construir outra fragata F100 que non vaí reportar nada os cidadáns é simplemente unha IRRESPONSABILIDADE,  e máis nos tempos que corren, cando non hai nin pra pagar os subsidios dos parados.

O naval militar,ese que dín tan avanzado,segue a ser caro.A tecnoloxía que incorpora é Estadounidense, non o olvidemos.Porque estas fragatas sen o sistema Aegis, non serían competitivas no mercado.Un mercado cada vez máis complicado.

As empresas queren gañar cartos,e as flotas están en continua renovación.Por iso sempre haberá negocio,pola contra o mercado militar depende dos presupostos anuais,cada vez mási recurtados,e os gobernos díficilmente poden xustificar gastos neses ámbitos cunha situación economica dificil..

Por iso,Navantia estandoas a pasar canutas.E aínda que consigan algún contrato puntual, ou o goberno se empeñe  aínda máis,con máis barcos pra a armada,a tónica xeral vai ser esa.Escaseza de mercados nun sector reducido e complicado e no cal Korea xa vai ofertar o mesmo producto, porque xa teñen a patente americana tamén.

Pero bueno, comulgar con esta xente do goberno e comulgar con rodas de molino.Están empeñados en agardar 4 anos máis,en vez de sentarse coa CE,e esixir,ante a situación económica na que estamos e o desvío de pedidos a outros continentes, que se levante aínda que seña, parcialmente o veto.
Se houbera un pouco de vontade política.....

No hay comentarios: