martes, 28 de diciembre de 2010

Sen visión de futuro

Da moita pena leer o artifo de Ramón Yañez que hoxe publica ;La Voz de Galicia,e da pena porque ten moita razón.Acerta en moitas cousas,sobre todo en calificar  de extrema gravidade a situación na que se vai atopar a bisbarra.

Todolos puntais económicos nos que se sostén  Ferrolterra están máis que entredito.As centrais térmicas ,nas que agora Nin Enel,ni Gas Natural van a realizar inversios, porque xa non son tan retabeis,e poderan operar con bastante menos personal.Afectandotamén  aos camioneiros,e sectores como o hosteleiro,etc...
Logo temos tamén no sector eólico,varios expedentes de regulación de emprego,moitas das empresas xa reducen persoal ou cerraron,e por moito que digan o concurso eólico galego,so será unha tirita nunha grave hemorraxia.

O outro gran piar de emprego,"la Bazán",ten a sua carga de traballo "os días contados".Cada día que pasa xa non é preciso algún empregado das"compañias",e chegará o día en que os de Navantia,esten de brazos cruzados.
Como dicían desde CCOO,"estamos en la Formula 1 del Naval",non lles era preciso ter acceso ao mercado civil.

O tempo aínda que tarde sempre da e quita razóns.Os sindicatos conqueriron desvaecer a forza que tiñan na sociedade civil.Gañaronno a pulso.Os sindicatos non está interesados en fortalecer empresas,senon en obter prexubilacions e subidas salariais.

¿Que lles importa a elles ISO QUE CHAMAN PRODUCTIVIDADE?.Ou que unha empresa seña ou non  COMPETITIVA.....
Dalles absolutamente igual.

E aos feitos nos remitimos.Se un país estivese dirixido pola masa sindical,entraría sen nenguna dúbida en quebra técnica.

Os estaleiros públicos,non teñen previsto firmar nengún contrato.¿E que é o que se lles ocurre?.¿Que lle demandan ao estado...?


A sexta fragata F100.Un barco "para aguar las penas",para ir tirando.¿É ISO VISIÓN DE FUTURO?,
¿e despois?.Malo será que non estemos xa prexubilados......dirán algúns.
Lástima que o estado non teña 800 millóns de euros pra calmar os ánimos destes iluminados,e nunca se contrate ese barco.Ademais se firmase un contrato con outra armada,sería moi probable que o barco case non se fixese aquí.

Esa é a realidade.

Por outro lado temos unha cidadanía anestesiada, incapaz de movilizarse pra defender o seu."A ver si me dan alguna paguiña",o "una ayuda familiar...".
Ferrolterra,vaíse soster polo "colchón familiar".Mentres os país teñan a pensión,os filllos ficarán na casa porque non teñen outra cousa,en último lugar terán que marchar,como dentro de pouco lles vaí pasar aos compañeiros de Galicitio,Atenasa,Gabadi....
Eche o que hai.

No hay comentarios: