Así é como poideriamos defini-la siuación actual.No limbo para socialistas como Vicente Irisarri,Iván Puentes,Xavier Carro e a demais agrupación comarcal do PSOE ou no inferno para os 17.000 parados de Ferrolterra,os cales si que non poden esperar outros 5 anos sen un traballo,porque comer hai que comer todolos días.
Non creo que (a excepción do Bng) nin o Psoe,nin o PP se atrevan a poñer enriba da mesa nas próximas municipais, facilitar o levantamento do veto da antiga Astano.
Nas anteriores eleccións europeas,en cambio si que viñeron prometendoó.Tanto o candidato socialista,como os do PP,si que propuxeron esa medida como revulsivo.
Xa se ve de que valeu.O PP o cal ten a maioría da cámara europea,nen o propuxo,e ao PSOE xa nin se lle espera.Mal que nons pese,na CE,preferirían ter que rescatar a España,un país con 5 millóns de parados,e con posibilidades NULAS de recolocación para os mesmos,a facer a vista gorda coas axudas ilegais a antiga Izar.
Pois logo,que paguen,se non queren que aquí se traballe,eche o que hai.
Porque pra poder recolocar a tal cantidade de xente hai que abrir sectores ecónomicos e indutriais,con novas posibilidades de negocio.
Porque seguir formando parados que xa están PREPARADOS e formados é malgastar o tempo,as prestacions e os cartos (formando albaneis en informáticos cando xa temos decenas de informáticos no paro...) ou facendo cursillos de soldadura e calderería e son os mesmos que están a despedir as empresas... nons conduce a unha vía morta,a unha espiral de parados sen nengunha solución.
Está claro que o levantamento do veto non é un maná caído do ceo.Pero abre novas espectativas.
Agora mesmo,enxeñeiro que acaba a carreira nalgunha das carreiras de Ferolterra,é un emigrante en potencia.
E lóxico pensar na diversificación,é necesaria,pero esa NON TEN QUE PASAR POR RENUNCIAR o que nos realmente sabemos facer.Temos todo o preciso pra competir nun mercado de buques de alto valor tecnoloxico.Ese é o futuro.Os vetos, son profundamente negativos,e se os deixamos, no tempo esgotarán os recursos humanos dos que dispoñemos.Co tempo que pasou seguramente sería moí dificil poñer en valor as instalacions de Astano.a choiva e o paso dos días non so aferruxan os guindastres,senón que os mellores operarios tamén vanse xubilando e a novas xeracions,marchando.
Abramos novas oportunidades en Ferrolterra,eliminemos ese veto que nos impide dislumbrar un futuro un pouco millor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario