miércoles, 5 de mayo de 2010

O país do despilfarro (e Astano pechado)

Esta semán forón pubricados varios artigos na prensa internacional,sobre a crise en España.Acusabase ao goberno de Zapatero de ineptitude e incapacidade de tomar decisións.Onte o presidente do goberno,nunha rolda de prensa,afirmaba que era incerto que España fose a precisar case 300.000 millons de euros en axudas.

A palabra de Zapatero,non ten nengunha credibilidade.De sobra é coñecido o seu curriculum dos dous últimos anos.Non había crise,cando xa non podía negala,eramos os millores preparados(millores que Francia),que nunca chegaríamos os 4 millons de parados,que nunca superaría a tasa do PP (11% de paro e agora estamos no 20% de parados),que xa había "brotes verdes",que estabamos millor que faí 6 meses (cando había 500.000 parados menos)......

E aquí en Ferrolterra,mareaba a perdiz,dicindo primeiro que ía levanta-lo veto da antiga Astano e logo que iso era moi díficil.
Dende logo,este home non inxecta moita confianza nos mercados,porque cada vez que fala "sube el pan".

E as cousas son como son.
Estamos nun país onde a xente prexubilase os 55 anos (na última reconversión do 2004 foron 700 traballadores de Astano pra casa), e a esa xente hai que pagarlles.Un país onde fanse obras sen xeito nengún,que unha vez rematadas,non queda nengún posto de traballo.Onde asfaltase estradas que están ben...

Todo iso ímolo a pagar.E será con subidas de impostos.Non vos quepa duda.

Estamos nun país onde nos podemos permitir ter un estaleiro vacío,criando malvas,con catro pelagatos pra que non sexa tan descarado.
Con 17.000 parados,pero o que é o máis importante con outros 20.000 emigrados que non aparecen en nengunha lista,pero están ahí.


Deixovos,unhas fotos dunhas das obras megalomanas do "Plan E",onde  despilfarraron case    1000 MILLÓNS DE PESETAS, en Torrejón.


Se queredes saber máis ,so tedes que poñer no google "Plan E despilfarro".

No hay comentarios: