jueves, 27 de mayo de 2010

Astano seguirá pechado,polo noso ben...

As palabras do Sr. Almunia ditas no día de hoxe,non fan outra cousa que ratificar o que todo o mundo sabe.
Que o Sr. Zapatero minte.Mentíu cando dixo que ía revisalo veto,cando dicía que egora neste momento de crise ecónomica,era unha situación que favorecía a súa revisión.

Eso mesmo foí o que dixo o deputado Xavier Carro no congreso dos deputados,xa faí case un ano.
Sumidos nunha situación de terrible destrucción de emprego,o goberno socialista,e a súa delegación galega,continuan a pechar os ollos.

Viven nunha burbulla,afastados da  realidade da xente.Por iso non quixeron ver a crise,creían que España superaría a Francia na champions league,viron "brotes verdes" cando cada día miles de persoas van o paro,e outros perden o seu subsidio.


Pero a realidade por desgraza é moi diferente a que eles cren ou mellor dito dín,e PINTA MOI MAL.
Cada mes que pasa,gastanse 5.000 millóns de euros en prestacións sociais.¿Canto tempo poderán resisitir as contas do estado?.

Esperanos un outono negro

En menos de dous meses agardanos a subida de dous puntos do iva,a eliminación dos Plans 2000 pra os coches,tamén a diminuición dos gastos públicos en obras públicas,a reducción dos soldos públicos no consumo...

É dicir,despois do verán,cando finalicen os contratos eventuais e desaparezan os cartos do turismo retornaremos a varios meses con incrementos de 100.000 parados mensuais,ata chegar aos 5 millóns.
E xa non habrá cartos pra facer máis despilfarradores Plans E, pra cambiar farolas e montar parques debaixo de autoestradas.

E  con todo isto,e o que se avecina,o Sr. Presidente do goberno segue sen apostar pola economía productiva,por xerar novos sectores que poidan absorver a corto prazo gran cantidade de postos de traballo.
Porque iso é realmente o problema deste país, porque a toda esa xente,que temos nunha franxa de 25-50 anos,non os vamos a volver a empregar nas obras de turno,porque o mercado inmobiliario está máis que saturado,e xa "non é negocio".

Mentres na ría de Vigo xa empezar a ter novos pedidos de maís de 100 millóns de euros cada un,en Navantia seguen sen facer un pedido.Xa no sur venlle os dentes ao lobo.O cliente por excelencia "La Armada Española " non ten un peso,e non vaí contratar máis barcos
(ALGÚNS AÍNDA SEGUEN SOÑANDO COA SEXTA F100....), so lles queda ter aceptar os encargos do Sr. Chavez,a cambio do coste político de quedar sometidos aos vaivéns da "Républica Venezolana Bolivariana".

Pero bueno,polo menos,como dí o Socialista Almunia,ter ASTANO pechado....
"ES POR NUESTRO BIEN."

M. Reboredo

No hay comentarios: