GERMÁN CASTRO
Está un convencido de que todos os ferroláns e ferrolterráns queren, malo sería que non fose así, que a antiga Astano poida retornar á fabricación de barcos. Astano é o referente dunha das etapas máis gloriosas da construción de petroleiros en España, aquelas xigantes moles de aceiro -máis de 300.000 toneladas- que os xaponeses crían que era imposible de lanzar desde gradas sen que o casco partise en dous. Astano deu de comer a miles e miles de persoas, a través da actividade directa e subsidiaria. É, por tanto, lóxico e normal que a grúa pórtico de Fene estea moi presente na memoria colectiva. Consecuentemente, de cando en vez xorden voces que se rebelan contra a infrautilización actual daquelas instalacións, o que tamén é lóxico e natural. Logo, se todos estarían de acordo en que Navantia-Fene recuperase a súa tradicional actividade por qué non se suman esforzos e a unha soa voz se reclama na rúa o levantamento do veto imposto pola UE
? Acabamos de ver como unha plataforma cidadá, Rumbo 21, creada “ad hoc”, convocou unha manifestación, longa e intensamente preparada que non contou co apoio dos sindicatos estatais, CCOO e UXT, nin coa Cámara de Comercio e a confederación de empresarios (Cofer), nin coas siglas políticas PSdeG-PSOE e EU, nin co Concello de Ferrol. Digamos máis, estaba respaldada polo PP, que, segundo os convocantes, non fixo campaña e nin siquera mandou aos seus principais dirixentes locais a facer acto de presenza en dita mobilización. Rumbo 21 quedou reducida -agás algúns concellos da comarca e certas entidades empresariais e IF, que se pronunciaron a favor- a unha mera bandeira esgrimida fundamentalmente polo BNG e a CIG. Esta foi, unha vez máis, a cerimonia da desunión á que estamos afeitos en Ferrol. Os que se opoñían razoaban a súa actitude con que non era o momento porque a demanda mundial de pedidos baixou e, ademais, argumentaban que non se contara con eles na xestación desta iniciativa. Debe saír adiante un chamamento á movilización nestas circunstancias? Pode, pero non debe.
Non se lle pode brindar ao Goberno central mellor disculpa que un panorama de forzas completamente dividido. É gastar a pólvora en salvas. Por iso que non vai a ningures que os organizadores agora critiquen aos ausentes, da mesma maneira que son discutibeis os motivos dos que non quixeron sumarse. Semella cousa de protagonismos máis que de razóns rigorosas.
Con todo, non hai que esquecer que quen axudou a botar leña ao lume desta nova “excitación” (que se diría no castelán do século XIX) foi Zapatero, que prometeu levantar o veto cando collera o turno rotatorio da UE. Agora, os socialistas -este día recordábao o titular de Fomento, José Blanco- manifestan que levantar o veto está difícil. É dicir, non queda outra que agardar ata o 2015. E para iso...
--------------------------------------------------------------------------------
IEN critica al ministro Blanco por sus declaraciones sobre el veto de Astano
REDACCIÓN > FERROl
Iniciativa Empresarial del Noroeste por Europa (IEN) rechaza las valoraciones del ministro de Fomento, José Blanco, realizadas con motivo de su visita a Ferrol el pasado miércoles, en relación con el futuro de la antigua Astano para la que la asociación empresarial reclama el levantamiento comunitario que le impide, hasta 2015, volver a construir buques civiles.
El presidente de IEN, Manuel Pérez Pérez, señala en un comunicado que no existe ninguna norma comunitaria que limite la actividad naval en la factoría y sí un acuerdo político que, como tal, se puede renegociar. “Las declaraciones del ministro en Ferrol se limitan a decir que han hablado con Bruselas pero ésa no es una respuesta”, mantiene el dirigente de IEN, que continúa afirmando que “nosotros, y el conjunto de la sociedad comarcal, pedimos la recuperación de la factoría y lo único que se nos dice es que hacen todo lo posible pero ni informan de las gestiones ni dan alternativas, pese al compromiso del presidente del Gobierno de que aprovecharía su presidencia de turno de la UE para actuar en consecuencia”.
IEN por Europa insta al Ejecutivo a intensificar las negociaciones para conseguir la eliminación del veto comunitario.
diariodeferrol.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario