martes, 23 de marzo de 2010

O concello de Fene apoia, por unanimidade, a movilización de Rumbo 21

O concello de Fene participará activamente na movilización convocada por Rumbo 21 o sabado 27 en Ferrol. Por unanimidade todolod grupos municipais apoian a convocatoria. A sorpresa déuna o grupo socialista que, unha vez aceptada unha enmenda á moción de Rumbo 21 trasladada ao pleno por BNG e PP, decidiu votar afirmativamente os postulados do colectivo que pide a retirada do veto ao estaleiro fenés.
Sociedade23/03/2010Autor: MXArias
O alcalde Iván Puentes que, nun anterior debate sobre a Iniciativa Lexislativa Popular, se abstivera na votación plenaria, desta vez apoia a manifestación. A enmenda socialista explicita que o estaleiro fenés pertence ao sector público e que despois do levantamento do veto, en caso de debaterse a sua titularidade, se consultaría aos traballadores para que eles decidan.
Tanto o PP como o BNG aceptaron esa enmenda porque non varía os postulados de Rumbo 21 que só pretende o levantamento do veto para que o estaleiro Navantia Fene teña traballo, sen pronunciarse sobre a titularidade do mesmo. Felicitáronse os voceiros popular e nacionalista porque finalmente tanto o PSOE como EU, que ata o ultimo minuto non deu o voto positivo, se sumen á movilización xa que sería un despropósito que o concello de Fene, onde se ubica o estaleiro, non peleara unanimemente por el.
A Moción aprobada implica que o concello de Fene portará a sua pancarta institucional na manifestación que sairá do peirao de Curuxeiras ás 12 da mañán do sabado; que o concello porá a disposición dos veciños e veciñas autobuses que sairán media hora antes dende San Valentín; que porá anuncios nos medios de comunicación chamando á veciñanza a participar e que insistirá diante do presidente Rodriguez Zapatero para que cumpra a promesa de defender na UE a retirada do veto á antiga Astano.

radiofusion.eu

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

No hay comentarios: