sábado, 6 de marzo de 2010

IMPRUDENCIA Ou DESVERGOÑA

CARLOS ERNESTO MUIÑOS

Lembro aqueles tempos nos que uns chupatintas amparados na súa afinidade co sistema blindaban o seu futuro instalados no sindicato vertical que garantía a súa estabilidade a través dos orzamentos xerais do estado, pois ben, a tempo presente a resurrección do modelo é un todo contrastable, agora resulta que o Movemento Nacional penetra polas gretas da democracia e os profesionais do conto non reparan en tentar xustificar o inxustificable para garantirse o seu nauseabundo futuro .


A tolerancia ten un limite e cando as excentricidades chegan ao inaudito un debe saír á palestra e situar a cada un no seu sitio pois suposto contrario estariamos a regularizar o insólito.

É evidente que estes señores padecen de amnesia ou quizá teñan a malévola intención de catalogar de imbéciles aos demais, pois a versión que emiten sobre a realidade de Astano raia no esperpéntico.

A realidade é outra e ben distinta e creo que precisa aclaración; e para ese efecto direilles que foron Vostedes e os seus colegas uxetistas quen avalaron, asinaron e propiciaron o declive do estaleiro deixando a salvo os seus intereses e o seu futuro laboral, propiciaron o desastre do 83 referendaron a liquidación do 2004, e a estas alturas teñen a ousadía de facer un xuízo crítico a quen tentas corrixir o seu desaguisado.


Vostedes non teñen xustificación algunha, tan só posúen unha chea de monos de traballo sen estrear unha apatía crónica ao traballo, unha cara como un zapato e unha lingua imprudente.

Si Astano ha ser privado que o sexa e si con iso a vostedes acábanselles os privilegios, canto antes privatícese moito mellor, pois xa está ben de parásitos.


Aviso: Calquera réplica ao presente presupón un alto risco

6 de marzo de 2010

1 comentario:

administrador dijo...

Si señor.Tiene usted toda la razón.
Estos señores de CCOO,se jactan de haber reclamado durante 25 años el levantamiento del veto.Muy mal tienen que haberlo hecho porque en estos años nadie les ha hecho caso.

Ahora dicen que nadie ha preguntado a los actuales trabajadores,pero es que CCOO ha rechazado las invitaciones de rumbo 21 para sumarse y apoyar SOLO EL LEVANTAMIENTO DEL VETO,sin especificar en tal manifestación,el perfil económico del astillero.
Los sindicatos les han fallado a los 17.000 parados de la comarca.