martes, 16 de febrero de 2010

O PSOE non ten claro se lle interesa abrir Astano

Pero ben que lle interesaba antes das eleccións europeas,repetir polos mitines de Ferrolterra,que ían revisalo veto.Tamén Zapatero respondía a preguntas dos nacionalistas galegos,que na presidencia da unión europea,abordaría o tema.

Pero así é a política deste goberno.A de apricar unha continua eutanasia industrial.
Sobre Ferrol e comarcas.
Agora o Ministro de Industria (o mesmo que gastou millóns en regalar bombillas),dí que o goberno non sabe se interesa reabrir os estaleiros pra a construcción naval civil.

¿Cantos miles de parados precisa este goberno pra comezar a estudiar esa posibilidade?.
¿Cantas firmas son necesarias pra aproveitar esas infrautilizadas instalacions?.
¿De que sirve impulsar iniciativas nos parlamentos español e galego se non lle van a facer caso?.

¿Como os seus simpatizantes poden respaldar ou mellor dito "agachar la cabeza" e mirar pra outro lado?.Se ben saben que iso vai en contra dos intereses da sua terra.
¿Prefiren converterse nunha franquicia sen voz nen voto e que isto continue convertindose nun deserto industrial?.

Agora tocaralles volver a dicir que hai que esperar ó 2015 ,ou o que é millor, NON DICIR NADA E FACER COMA SE NON PASASE NADA.

Manu Reboredo

No hay comentarios: