martes, 15 de septiembre de 2009

A Corporación Municipal de Fene insta á Empresa Pública Navantia, á SEPI


ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO PLENO EN DATA 4 DE DECEMBRO DE 2008.-

14º.- MOCIÓNS URXENTES.

Seguidamente, intervén o Sr. Alcalde-Presidente e manifesta que hai dúas mocións urxentes presentadas, unha do grupo municipal do Partido Popular en relación á realización de infraestructura de comunicación para sortear a vía férrea entre o Cruceiro e Avda. Marqués de Figueroa en Perlio e outra presentada polo conxunto das catro forzas políticas que teñen representación neste pleno sobre a situación na que se atopa o estaleiro de Navantia Fene.
A continuación pide o uso da palabra o Sr. Galego Feal quen, unha vez concedido manifesta que a moción do Partido Popular non é de urxencia senón que queda para unha comisión e para o vindeiro pleno.
Acto seguido intervén o Sr. Alcalde-Presidente e manifesta que o Comité de empresa de Navantia Fene fíxolles chegar unha serie de reivindicacións que teñen sobre o futuro da compañía e que se falóu do asunto entre os diferentes grupos políticos e se chegóu a unha moción unánime presentada polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, BNG, PP e EU-IU, moción que reflicte punto por punto cada unha das reivindicacións do Comité de empresa, cunha pequena modificación no punto seis da moción na que se solicita “...Definición das

Especializacións de productos e mercados nas distintas zonas do Grupo; que no caso de Ferrol-Fene serían as seguintes: Construcción de buques militares de mediano e gran porte, Off-Shore, Reparacións de buques militares e civís de todo tipo, turbinas e Enerxías renovables”, á que se engade en vez de construcción de buques militares de mediano e gran porte, construcción de buques civís e militares de mediano e gran porte; di que con esa modificación a moción é tal cal o escrito que presentóu o Comité de empresa de Navantia Fene.
Continúa o Sr. Alcalde-Presidente a súa intervención e manifesta que a urxencia da moción ven motivada polas conversas e a negociación que están a manter o Comité de empresa de Navantia Fene coa empresa.
Seguidamente polo Sr. Alcalde-Presidente sométese a votación ordinaria a urxencia da moción, sendo aprobada por unanimidade dos/as Sres/as Concelleiros/as asistentes á sesión.
Acto seguido dáse conta da moción conxunta dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, BNG, PP e EU-IU de data 4 de decembro de 2008 ,que transcrita di:

“Os Grupos Municipais do PSdeG PSOE, BNG, PP e EU-IU ó abeiro do disposto na lexislación vixente, en relación á SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA O ESTALEIRO DE NAVANTIA - FENE, presentan para o seu debate e votación a seguinte moción ó Pleno do Concello de Fene:

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN
A Corporación Municipal de Fene insta á Empresa Pública Navantia, á SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industrais) e ao Goberno de España a:
1. Apertura inmediata das distintas negociacións (Plan Industrial, Marco Regulador Único e Modelo de Industria Auxiliar).
2. Esixencia de apertura de Investigación e Auditorías, que esclarezan as actuacións levadas a cabo por Navantia no proceso de negociación e mobilización, aplicando os cambios dos responsables de ditas actuacións..
3. Cumprimento e definición dos compromisos de Carga de traballo, recollidos nos acordos do 2004 para o conxunto de Navantia, integrando as partidas presupostarías necesarias nos Presupostos Xerais do Estado para o 2009. No caso de Ferrol a 2ª Fragata F- 110 recollida en ditos acordos.
4. Recuperación do Mercado eólico, aproveitando as actuais instalacións de Navantia, na ría de Ferrol, posibilitando acordos co Goberno central, Xunta de Galicia e Empresariado que desenrolen ó máximo as potencialidades deste Negocio.
5. Política estratéxica de saturación e aproveitamento das instalacións Fene-Ferrol que posibilite a posta en marcha de calquera proxecto de construcción naval civil ou militar compaxinándose os distintos proxectos, especialmente os actuais.
6. Definición das Especializacións de productos e mercados nas distintas zonas do Grupo; que no caso de Ferrol- Fene serían as seguintes: Construcción de buques civís e militares de mediano e gran porte, Off-Shore, Reparacións de buques militares e civís de todo tipo, Turbinas e Enerxías renovables.

7. Inversións en I + D + i, en función do Proxecto Industrial final; tendo en conta as necesidades dos Centros, Zonas e Áreas; fomentando a enxeñería propia, sendo capaces de elaborar productos propios que sexan competitivos no Mercado Internacional; apostando por novos Productos e Servicios. Neste senso, recuperación e implantación do Programa informático “Nécora“; procedendo á súa actualización cos medios económicos e recursos materiais e humanos necesarios para o seu máximo aproveitamento interno i externo.
8. Descentralización dos Departamentos de Compras, Aprovisionamentos, Enxeñería, Comercial etc., para unha mellor e máis eficaz xestión; propiciando a súa vez, unha maior autonomía dos Centros.
9. Novo Modelo de Industria Auxiliar sobre Normas que regulen as materias referentes ás Empresas, traballadores e relación entre a principal e as auxiliares. Unha Política de Subcontratación baseada no Documento sindical.
10. Poñer os medios necesarios para acometer a unificación dos Convenios nun só Marco Regulador.
11. Incorporación dun número importante de Xóvenes ós plantéis da principal, formados por e dentro da empresa Navantia.
Fene, 4 de decembro de 2008


Non producíndose debate, polo Sr. Sr. Alcalde-Presidente sométese a moción a votación ordinaria, sendo aprobada por unanimidade dos/as Sres/as Concelleiros/as asistentes á sesión.
Á vista do resultado da votación declárase aprobada a moción dos grupos municipais do PSdeG-PSOE, BNG e EU de data 4 de decembro de 2008 anteriormente transcrita.
Seguidamente intervén o Sr. Alcalde-Presidente e manifesta que hai unha moción do grupo do Partido Popular relativa tamén á situación de Navantia Fene e que pide, dado que a moción anterior foi consensuada e pactada por todas as formacións políticas e xa hai un pronunciamento do pleno, que quede enriba da mesa e que se trate na comisión informativa; que si se pode chegar a un acordo unánime de todos os grupos, mellor é traela ao seguinte pleno.

A continuación pide o uso da palabra o Sr. Galego Feal quen, unha vez concedido, manifesta que o motivo de presentar por urxencia esta moción é precisamente polos últimos acontecementos que se están a ver; que a presentan por urxencia porque ven que o presidente do Goberno actual parece que está pouco receptivo a volver a renegociar o tema de Astano en Bruxelas e cren que é moi adecuado que o Concello se pronuncie e apoie calquera xestión que se faga; que por outro lado existe tamén a iniciativa popular que está levando o BNG adiante , que cren que é outro punto máis apoiando o problema de Astano; que ademáis está o tema do plan industrial que presentaron os sindicatos e a moción que se acaba de aprobar; que por outro lado consideran tamén a urxencia porque acábanse de aprobar as bases para a modificación do plan de urbanismo para telo no seu día en conta, e

que por outro lado retoman tamén con esta moción o escrito que presentóu Iniciativa Empresarial por Fene relativa ao tema de Astano, polo que cren que o conxunto desas cinco circunstancias aconsellan a urxencia da moción. Continúa o Sr. Galego Feal a súa intervención e di que non obstante o sinalado, en aras de que se poida estudiar detidamente e apoiada polo maior número de grupos posible, non teñen inconveniente en que quede pendente para ser tratada pola comisión informativa e, unha vez ditaminada, se traia ao vindeiro pleno.

No hay comentarios: