martes, 20 de enero de 2009

O BNG di que Ferrol precisa un presidente que defenda Astano

Poucas horas despois de que Pérez Touriño presentase os logros do Plan Ferrol, BNG e PP fixeron a súa interpretación dos feitos. Para os nacionalistas, a gran eiva do programa de dinamización é non contar coa construción naval. Os “populares” din que o presidente debuxou un panorama irreal.
O responsable comarcal do BNG, Manuel López Foxo, convocou ós medios de comunicación para lanzar a mensaxe de que o futuro da comarca non pode entenderse sen o sector naval e lembrou que a súa formación xa o advertiu en marzo de 2007, cando Touriño veu presentar o Plan Ferrol. Onte, cando o presidente viaxou á cidade para destacar os logros do plan, os nacionalistas reclamaronlle un compromiso coa antiga Astano.
“Esta comarca precisa un presidente da Xunta que teña a coraxe de defender Astano fronte ó Goberno central”, dixo López Foxo, para quen o levantamento do veto que pesa sobre o estaleiro fenés ten que vir despois dun traballo en cadea, no que a Xunta empuxe a Madrid para que vaia a Bruselas.
“A renegociación si é posible”, remachou o responsable comarcal do BNG, preguntado pola resposta parlamentaria do Goberno central que afirma que non está prevista a revisión do expedente de 2005, no mesmo sentido no que se manifestou, tamén recentemente, a comisaria europea da competencia, Neelie Kroes. “Claro que non o teñen previsto, pero se o Goberno español o solicita, faríase”, explicou.
Imcumprimentos >
Pola súa banda, o deputado do PP Diego Calvo considerou, nun comunicado, unha “desverguenza” que Touriño visitase onte a cidade para presentar un “balance idílico” do Plan Ferrol. “Lo único cierto es que en Ferrol y comarca, hoy hay más parados que en marzo de 2007”, indicou o “popular”.
Diego Calvo lembra que o Plan Ferrol xurdíu para compensar os cerca de 4.000 empregos destruídos pola última reconversión naval. Segundo o deputado, os polígonos industriais de Leixa e Mandiá “no han avanzado nada desde la llegada del bipartito” e “Touriño pretente atribuirse como logro de su gestión la labor de los empresarios que invierten en Ferrolterra”.
Na nota difundida polo Partido Popular sublíñase que as axudas do Plan Ferrol son créditos reembolsables, “no subvenciones a fondo perdido” e que, polo tanto, os empresarios teñen que devolver o diñeiro. Ademais, Calvo anuncia o respaldo do PP á petición de que a medida da exención de avais se aplique de forma retroactiva para que “los empresarios que los presentaron en convocatorias anteriores puedan librarse de esa carga financiera que pesa sobre sus empresas”.
diariodeferrol.com

No hay comentarios: