lunes, 12 de enero de 2009

Jorquera: “Estamos dispostos a ser socios de o Goberno Zapatero”

¿Vostede é crítico coa política económica do Goberno central?
_ Nós somos moi críticos cos primeiros pasos dados polo Goberno central para facerlle fronte á crise.Tardou en asumir a situación, a sua reacción foi moi lenta, e falta unha estratexia clara para facerlle fronte á crise. Para que haxa unha colaboración nosa máis estable, ten que darse unha rectificación nesas políticas e unha actitude de compromiso inequívoco coas demandas unánimes de Galiza.

_ ¿A cales se refire?
_ A aspectos competenciais. A que Galiza poida recuperar Astano e desenvolverse a súa capacidade produtiva no sector naval. A que se aborde a reforma do voto emigrante.

_ ¿É posible ir a un rescate de Astano na Comisión Europea?
_ O contexto é propicio. O presidente do Goberno español, interpelado polo BNG sobre esta cuestión no Congreso, así o recoñeceu na súa resposta e comprometeuse a iniciar unha ofensiva, pois o Goberno concédelle a máxima importancia, e que mantería ao BNG informado.

_ ¿Porque é propicio?
_ Co visto e prace da UE, os Gobernos están acudindo ao rescate dos bancos, están concedendo axudas aos fabricantes de automóbiles para evitar a quebra. Iso tamén se podería facer co asteleiro de Fene. A súa recuperación para a construción civil de buques contribuiría a absorber parte do desemprego que se está a xerar noutros sectores. Seremos moi esixentes co Goberno central para que asuma o compromiso adquirido.

elcorreogallego.es

No hay comentarios: