sábado, 17 de enero de 2009

13.1.09 Entrevista co Conselleiro de Innovación e Industria

Un dos proxectos que o BNG vén defendendo historicamente é a recuperación de ASTANO.
¿Hai novidades?

-Creo que se alguén defendeu ASTANO e o sector naval e desde logo apostou e fixo unha defensa en todos os sentidos dende logo é o BNG, e esta consellaría especificamente. Alégrome de que agora moitos empecen a contemplar que a construción naval é posíbel en ASTANO, despois de opoñerse de forma máis ou menos clara durante moito tempo e durante todo o proceso no que a Consellaría de Industria defendeu iso.
Con posicións doutros partidos políticos que si votaron a favor no Parlamento pero que despois instrumentalizaban coas forzas que tiñan unha oposición a ese cambio. Parece ser que iso vai cambiar agora, e como estas fe dos conversos é moi resistente, mesmo pode ser que o poñan como bandeira, pero a sociedade galega sabe o que hai.“

Un empresariado comprometido coa defensa dos intereses de Galiza está moi dentro da liña que o BNG defende”Por agora non hai información sobre o proceso para levantar o veto. Nós colaboraremos e estaremos aí para que sexa un traballo conxunto. Se alguén ten credibilidade para defender ese sector e conseguir eses cambios é quen xa o fixo hai dous anos.

No hay comentarios: