jueves, 27 de noviembre de 2008

jorquera pede a Zapatero un "Plano ambicioso de investimentos en lugar dunha sucesión de medidas a contagotas" 27-nov-2008

Añadir imagen
Madrid, 27 novembro 08.

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, dirixiuse no Pleno ao Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, para demandarlle que “presente un Plano ambicioso de investimentos para facer fronte á crise en lugar dunha sucesión de medidas a contagotas”.

Reptos na UE: defender a volta de Navantia Fene á construción naval civil e un sistema de cotas lácteas xusto para Galiza


En referencia á libre competencia, utilizou unha frase de Durao Barroso para a súa argumentación: “medidas excepcionais ante unha situación excepcional”. Unha idea que se empregou para xustificar “o feito de acudir ao resgate dos bancos ou para que os Estados avalien operacións de crédito de fabricantes de vehículos”.

Por iso, demandou a Zapatero que coa mesma forza defenda na UE que o asteleiro de Navantia Fene volte á construción naval civil que “podería absorver parte do desemprego que se xenera noutros sectores”. E tamén na UE que defenda un sistema de cotas lácteas xusto para Galiza.

No hay comentarios: