viernes, 21 de noviembre de 2008

O BNG rexeita participar este domingo na manifestación convocada pola AIPF

.

O portavoz comarcal do BNG, Manuel López Foxo, anunciou onte que a formación non vai secundar a manifestación convocada pola AIPF para este domingo. Para os nacionalistas, a protesta tiña que ir encabezada pola demanda de que a antiga Astano volte á construcción civil.

López Foxo indicou onte en rolda de prensa que o BNG reuniuse hai un mes cos responsables da Asociación Impulsora do Plan Ferrol e lles trasladou o seu parecer sobre a prioridade na lista de reivindicacións da comarca. “Non se pode permitir termos en Fene un dos mellores estaleiros de Europa e contemplar día a día como é unha instalación auxiliar de Navantia Ferrol”, dixo o portavoz do BNG. Segundo indicou, posteriormente a AIPF sinalou que ese tema provocaba tensións no seo da entidade e rechazou poñelo por diante do resto das reivindicacións.

No hay comentarios: