miércoles, 28 de mayo de 2008

20 de Maio de 2008 INICIATIVA DEL BNG para ASTANO



07/PNC-0637(29169)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Blanco Parga, Carlos Fernando
Sobre a cuantificación das axudas recibidas polo estaleiro de
Navantia-Fene consideradas ilegais pola Unión Europea e a apertura
dunha negociación para a volta do estaleiro á construción naval civil



A Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do seu deputado Carlos Fernando Blanco Parga, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu tratamento en Pleno.
Exposición de Motivos:
No ano 1984, o estaleiro galego Astano de Fene, utilizouse como moeda de cambio en Bruxelas para facer posíbel as axudas públicas ao sector dos estaleiros públicos civís. Foi a I a Reconversión. Daquela Astano tina un seis mil traballadores/as propios.


Posteriormente, no ano 1986, prohíbeselle a construción de barcos.
Adicándose este estaleiro á construción Off-Shore.

A prohibición sobre a construción de barcos foi reiterada co Plano Estratéxico de
Competitividade (PEC), elaborado polo PSOE no 1994 e aprobado polo PP no 1997.
Logo da catástrofe do Prestige, o Consello de Ministros celebrado en xaneiro do 2003, no Pazo de María Pita na Coruña, acorda solicitar da Comisión Europea que levante as restricións á construción de buques a Izar-Fene.


Porén, dende Agosto do 2003, despois da entrega da plataforma encargada pola empresa Statoil, as gradas de Navantia-Fene viven o seu particular "luns ao sol", estando dende aquela sen carga de traballo propia.


O 16 de Decembro do 2004, asínase o acordó Sepi-Sindicatos Estatais, Izar-Fene intégrase en Navantia e no propio acordó, no punto 3o, limítase a actividade civil ao 20% da facturación durante 10 anos. Deste xeito, o estaleiro de Fene, con 800.000 m2, convértese nunha
compañía auxiliar do estaleiro de Ferrol.


Logo de diferentes iniciativas políticas da actual Consellaría de Innovación e Industria que tiveron o apoio unánime do Parlamento Galego, a través dun número importante de propostas parlamentares; a posición oficial da Sepi é que Navantia-Fene non podería volver á plena actividade pois isto obligaría a devolver as axudas recibidas que a Unión Europea considera
como ¡legáis. Mais nunca se concretou o importe das supostas axudas ¡legáis recibidas por Navantia-Fene.


Axudas Estatais
É certo que nos anos 1999-2000, tras un expediente iniciado contra o Estado Español pola Comisión Europea, derivado da concesión de determinados créditos fiscais, a Sepi realizou unha operación financeira creando a empresa IZAR, unha empresa pública resultado da fusión de
tódolos estaleiros públicos civís e militares.


No ano 2004, a Comisión Europea mediante dúas decisións de 12 de maio
e 20 de outubro, considerou que estas operacións eran axudas públicas prohibidas polo artigo 87 do TCE, en concreto referíase as axudas estatais
n° C 3/1999, C 40/2000 e C 38/2003.
Por iso, requiriu ao Estado Español para que as recuperase dos seus beneficiarios, é dicir IZAR. A cantidade reclamada ascendía a un total de 864,5 Millóns de Euros. A imposibilidade de IZAR de facer fronte a estas resolucións, determinaron unha situación de crise económica ¡rreversíbel.
Ante esta situación, o Gobernó do Estado Español encetou un proceso negociador coa Comisión Europea para eludir que IZAR devolvese as axudas ao Estado Español e, para isto, acolleuse a unha cláusula de salvagarda prevista nos Tratados Comunitarios (art. 296 TCE), que
permite aos Estados adoptar as medidas necesarias para salvagardar os intereses esenciais da súa seguridade en materia de armas, municións ou material de guerra.


Como conclusión das negociacións, propúxose por parte do Estado Español a segregación das actividades militares de IZAR nunha nova empresa pública (Navantia), que para garantir a súa viabilidade sereservaba a dedicación a actividades civís, dentro duns límites de facturación e de cadro de persoal. Estes límites estarían vixentes ate o ano 2015.


Mediante carta de data 1 de xuño do 2005, a Comisión Europea acepta a invocación da cláusula de salvagarda por parte do Estado Español. Deste xeito, a Comisión renunciou a continuar coa tramitación das Decisións de 2004 e o Estado Español renunciou a facer cumprir a IZAR a devolución das axudas outorgadas.


Mais ñas diferentes comunicacións coñecidas entre a Comisión Europea e o Estado Español nunca se concretou cantas e cales foron as axudas concretas recibidas por cada estaleiro público e, nomeadamente, pola antiga Astano; tampouco a Sepi ten aportado nunca este dato.


Semella que, para salvar o sector naval do Estado Español, precisouse, por decisión política, do peche produtivo con carga propia do estaleiro galego de Fene e, de fado, fíxoselle responsábel e receptor de tódalas axudas consideradas ¡legáis pola Comisión Europea.Carga de traballo na construción naval


O ano 2007 foi o de máis contratación, no sector naval, a nivel mundial, de feito houbo unha contratación de 83,3 millos TBC, o que significou unaumento do 43% a respecto do ano 2006, que tivo unha contratación de 56,5 TBC.


Mais a importancia desta contratación débese comparar coas posibilidades de construción por parte dos estaleiros, agora mesmo o carteira mundial de pedidos supon 5,5 veces as entregas de buques no ano 2007. É dicir, a demanda é moi forte e a oferta ten limitacións para poder atender o volume de pedidos.
Precisamente no caso de Galiza, esta debilidade na oferta vese na limitación de espazos físicos nos estaleiros da ría de Vigo que, por unha banda impide o acceso a mercados de produción de maior número debuques e de maior tamaño con grande valor engadido e tecnoloxía punta,
pola outra, obliga a buscar alternativas (aluguer de instalacións ou
compra de estaleiros), lonxe de Galiza, para poder atender a determinados encargos.


Por iso, Galiza non se pode permitir ter un activo produtivo, como é o
estaleiro de Fene, en estado de parause total; máis aínda nestes
momentos de crise económica, de incremento do paro rexistrado, cando,
pola contra, o sector naval galego ten unha carga de traballo que non
poden atender por falla dunhas instalacións acaídas.
Por este motivo, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte
Proposición Non de Lei para o seu tratamento en Pleno:
"O Parlamento Galego insta á Xunta de Galiza a dirixirse ao Gobernó do
Estado coas seguintes demandas:


1. A cuantificación concreta das axudas que recibiu o estaleiro de
Navantia-Fene (anteriormente Izar-Fene), consideradas ¡legáis pola Comisión Europea.


2. A apertura dunha negociación coa Unión Europea para que, en virtude do principio comunitario de proporcionalidade e sen que implique novas axudas públicas, permita a transmisión ou adquisición dos activos actualmente non utilizados pola empresa Navantia-Fene, para que dentro dun marco de concurso público,podan volver á construción naval civil.


Santiago de Compostela, 20 de Maio de 2008.
Asdo.: Carlos Fernando Blanco Parga Asdo.: Carlos Aymerich Cano
Deputado do G.P. do BNG. Portavoz do G.P. do BNG.
Asinado dixitalmente por:
Carlos Ignacio Aymerich Cano na data 20/05/2008 18:28:33
Carlos Fernando Blanco Parga na data 20/05/2008 18:28:37


No hay comentarios: