sábado 3 de marzo de 2007
Seguimos con Navantia Fene
Comprendo a desesperación que recollen os vosos comentarios, seguramente nunca superaremos como sociedade o trauma da perda do sector naval daqueles fulgurantes anos 70, pero si todo aquilo se perdeu non foi por culpa nin da UE nin de ningún Goberno.Xa dixen noutras ocasións que se cometeron moitos erros nos sucesivos procesos de reconversión, pero có sector naval dos anos 70 acabou Corea e a apertura do canal de Suez, e a partires dese momento foron aparecendo outros paises emerxentes dispostos a facer con Corea o que Corea fixo con nos.Este é un feito irrefutable que conduce ós asteleiros europeos a especializarse en subproductos con alto valor engadido, pero nin así, porque a dinámica sempre se repite, cando se avanza nunha especialización chega por detras outro pais que arrebata esa oportunidade.Esto mesmo pasoulle a ASTANO, especializouse no off-shore, e foille ben un tempo, ata que baixou o precio do prtróleo, reducíronse os marxes de beneficio e deixamos de ser competitivos. Despois desto 1090 persoas de plantilla estiberon sin traballo durante varios anos, aquilo si que foron anos e activos ociosos.Esta é a cruda realidade, podemos buscar chivos espiatorios, culpar a un partido político, á UE, á bahia de Cadiz ou simplemente a unha persoa concreta, pero ningunha votación nun parlamento cambia esta realidade.Eu estou convencido de que a volta ó sector naval civil sería un erro, insisto no que digo en algun comentario anterior primeiro debemos protexer o sector militar que nos está permitindo manter 4000 empregos e que non está suxeito ás normas da competencia e paralelamente traballar no que tanto tempo levamos reclamando A DIVERSIFICACION PARA EVITAR O MONOCULTIVO DO NAVAL. Levo tantos anos escoitando e repetindo estas palabras que retumban nos meus ouvidos.Xa comentei tamén o exemplo de Xixón, eles perderon no mesmo período que nos 50.000 empregos públicos, xa que alí coincidiron as reconversións do naval, a siderurxia e a mineiria. Pero en vez de loitar contra estes cambios inevitables dedicáronse a elaborar políticas de emprego dende o ámbito local, investiron en formación, en promoción económica e empresarial, fomentaron a economía social, e fixérono todo con pactos con empresarios e sindicatos. Levan 20 anos traballando nesto e dedican moito presuposto e moitos recursos humáns. Os resultados son espectaculares, anímovos a que consultedes a Pax. web do concello.
Publicado por Xavier Carro Garrote en 23:08
2 comentarios
jueves 1 de marzo de 2007
No hay comentarios:
Publicar un comentario