lunes, 30 de abril de 2012

Nin goberno, nin oposición, nin solución

Dí Que Non
Se realmente é tan necesario e rentable  un dique de maiores dimensions:

1º-Porque non se amplía un dos diques secos da antiga Astano. Sería máis barato e tamén xeraría emprego na comarca, nun sector como é o da construcción.

2º-Se se quere un dique flotante, porque non se trae de Korea, xa que custaría dez veces menos, podendo investir a diferencia do custo en proxectos económicos para relanzar a comarca.

¿Cales serían o efectos medioambientais de tal armatoste na ría?.¿Como afectarían ao marisqueo?.
¿É lóxico facelo flotante cando hai espazos suficientes para facer un dique seco?.

¿Canto custaría o seu mantenimiento,xa que é terriblemente máis caro que un seco?.
Tendo tantas veces ao ano, valeiros os diques de Navantia,¿Cantos anos farían falta para amortizalo?.

Todas estas preguntas nunca terán resposta por parte dos sindicatos e dos partidos políticos.
¿Porqué?:

A base de repetir unha cousa moitas veces,convertese en realidade. Ningún representante político, recoñecerá en público que o dique flotante é unha medida improvisada, porque resta votos.

Porque a xente cree que os cartos públicos choven do ceo (ou que a sanidade é gratis), porque non van ter que pagar "directamente" do seu peto o tan falado dique.

A responsabilidade da situación actual ten nomes e apelidos, os que asinaron o acordo de sentencia de morte do naval no ano 2005 e os representantes socialistas que unha e outra vez negaron o que se aveciñaba.Quixeron unha Navantia "pública", que so se adicase a construcción militar. Agora que se demostrou que iso era inviable, que foí un perxuicio para os miles de mozos que xa marcharon e dos cales os sindicatos nunca se acordaron,choran por contrucción civil subvencionada.

O dique,é so unha desculpa para  non afrontar a realidade da empresa.Quixeron mantela nun conglomerado industrial público, e este ten que facer un investimento de forma global.

Navantia xa dipón dun dique de esas dimensións e teno en Puerto Real. Polo tanto "Navantia" non necesita outro dique. É así de sinxelo.
O problema vanno ter os representantes políticos do PP, que están obrigados "socialmente" a reclamalo,(aínda que personalmente poídan crer o contrario),e porque usaron políticamente o tema para desgastar o goberno socialista.
O PP comarcal terá que tragar co que dicten en Madrid,como xa fixeron na contestación a EU en relación ao dique e a situación do naval na ría.

Intercambiaronse os papeis PP-PSOE e PSOE-PP (que sorpresa...). Na ría non se sabe nada do centro de reparacions do ano 2009, de unha empresa de enerxías renovables para Imenosa, un tax lease para abril, e agora teremos un "posible" contrato coa petroleira estatal mexicana...
Todo FUME.

O levantamento do veto nin está nin esta se lle espera.
¿Cando iniciarán negociacions para eliminalo?
.Resposta: Nunca. O goberno agardará ata o ano 2015 xa que "xa queda pouco para que acabe e non vale a pena" (Recordade isto).
O tema do veto, foí  unha ferramenta de desgaste, un arma arroxadiza para gañar electores.
O PP non se atreverá a contradecir  a CE, dirixida por Alemania e Francia, e menos na situación de dependencia económica que temos deles.
Teremos que agardar polo menos 3 anos máis,e rezade para que no 2015 non o volvan a alargar...
(Aínda que quizais daquela xa non faga falta, as instalacions esteñan podres e o personal esteña emigrado).
Poderán botarlle agora a culpa  ao socialista Almunia para xustificar a sua incapacidade negociadora, pero a realidade é que faí dous anos o PP presentou ao sea candidato Mayor Oreja ao parlamento europeo "para algo", e alí teñen a maioría. Non vale  botarlle a culpa sempre a instancias superiores...


¿ Porque lles chaman REFORMAS cando queren dicir  RECORTES?

A política suicida que esta levando o PP, ¿como terminará? .
É lóxico que as arcas están valeiras, a política de despilfarro do anterior goberno Zp, anulou parte da resposta posible do actual goberno. Recordemos os 400 euros,cheques bebés, 8000 millóns en aceras e farolas.....
Aínda así o PP gañou as eleccións cun programa electoral que non está cumplindo.Nunca se atreveu a dicir publicamente cal sería a sua política económica, e non o dixo porque sabía que se dicía o que ía facer, non gañarían. Converteuse a política en merda. A oposición socialista non ten NINGUNHA CREDIBILIDADE para dar leccións, (aínda está na memoria  a reforma laboral e demais...),e todos sabemos que farían exactamente o mesmo que o que están a facer os de ahora, seguir os dictados de Europa.

A situación futura é negra.O goberno actual segue como o anterior, sen apostar pola economía productiva. O camiño "será postar polas pymes". Máis bares,peluquerías e centros comerciais,como ese Carrefour que abrirá dentro de un ano....

A cuestión é saber de onde sacarán os cartos os que previsiblente vaían comprar alí...


CHININIZAR a economía
Non somos competitivos. Esa é unha realidade. Moitas das empresas tecnoloxicas  perviven directa ou indirectamente das subvencions públicas, e agora xa non hai un peso, por iso están parados os plans eólicos...
 Tecnoloxía tampouco temos,polo tanto a solución pasa por disminuir a protección laboral da clase media, facilitando o despido (palabras tabú, pero reais),para que unha empresa poida desfacerse sinxelamente cando non interese.

¿Esa é a solución da crise?. ¿Alguén cre que iso xerará emprego?.Porque por desgracia non hai outra medida.

Os despilfarros aínda continuan, e seguirán...
Mantendo aeroportos desertos e gastando  os cartos nunha liña de alta velocidade, que nunca será amortizada, nin é tan necesaria (mirade os prezos dos viaxes en avións) como moitos se pensan.

Xa faí anos que podemos ir por 60 euros a Madrid,pero bueno a sociedade pensa que iso é un avance,e tamén pensaban iso cando enterraban cartos no Gaías,ou construían fragatas para pudrir nos muelles do arsenal....
"lo que nos espera.."


No hay comentarios: