viernes, 9 de septiembre de 2011

Vaíse o Sr. Carro....e que non volva...



O deputado Xavier Carro, coñecido pola sua oposición a que a antiga Astano volva a construcción naval convencional, abandoa a política activa.

Durante catro anos adicouse a "poñer paus nas rodas" en torno ao levantamento do veto.Colaborou a que en Ferrolterra non se poidese facer un fronte común para reclamarlle ao goberno unha renegociación coa Comisión Europea.

Vaíse botando pestes sobre o naval civil, declarando que sen as axudas tax lease, está condeado á morte, unhas axudas que  "pagamos todolos cidadáns ao ser axudas fiscais".

A este home, teríamos que recordarlle que "la joya de la corona, Navantia", non ten un triste pedido. Que a construcción militar competindo con Alemanía e Francia, está condeada a morte.

E para mostra ,so hai que mirar a conta de resultados.Navantia incluso CON PLENA OCUPACIÓN
DA PERDAS

Se o tax lease sae do peto dos contribuíntes, ¿De onde saen os cartos das fragatas F100?. Cada fragata desas, custa 800 millóns de euros, coma dous Gaías....e para pagalas hai que conxelar pensións ou subir o Ive.
E todo, para telas pudrindo no arsenal, porque non hai cartos para telas navegando, dando paseos....esa é a realidade. Subvencionar a empresa cos cartos de todos. Porque pedidos foráneos, non vai haber moitos, tal como están as cousas. Hoxe os países queren darlle traballo aos cidadáns, e os navíos militares,resultan inútiles, e téndense a facelos fora.

Sobre as posibilidades da éolica offshore,vai chover moito aínda, e ademais teremos que competir de novo con"Puerto Real", onde os políticos si que se implican co pobo, e son capaces de conseguir cousas, como os BAM...

E vaíse enganado o Sr. Carro, se Ferrolterra resistíu mellor a crise, foí nada máis e nada menos que gracias a alta ocupación de Navantia, coas fragatas españolas, noruegas e buques australianos.
Senón esto sería un cemiterio.

¿Alguén pode crerse que o Plan Ferrol investíu 1000 millóns de euros na comarca?.
Si se investiron ¿Onde están os cartos?,¿Quen os levou?.Esa cifra foí inflada con todo tipos de axudas,incluídas o Plan Miner.....pero o máis sorprendente é: Si se invertirón 1000 millóns de euros,e se crearon "5.000" postos de traballo (que non é certo)  cada posto de traballo custou 200.000 euros....valorade a cifra.
 Porque  nadie sabe con certeza as cifras de empleo dese plan.
O que si sabemos en  Ferrolterra,é que as empresas enerxeticas están todas pechando (coma as do naval...),Cachaza, Gamesa e moitas máis,e aínda que  o decreto eólico influíu,a carga de traballo,tamén sería temporal,e ao final se iban pechar pecharían igual.Pero bueno, está ben iso de tentar gañar réditos electorais.

 Xa non entramos no tema das reticencias a estrada ao porto exterior,as suas reticencias a presupuestar a segunda fase de ese mesmo porto onde incluso inversores privados querían termiñalo, a imposibilidade de conseguir o tren, onde paradoxicamente acudíu a unha manifestación na que se lle reclamaba ao goberno central iso mesmo....un montón de despropósitos coroados coa sua frontal oposición e triste actuación no congreso contra "o Plan Barreras".

Un Plan aprobado no parlamento de Galicia, por todos os grupos políticos, e que na sua posición de sindicalista, (non de deputado pola Coruña) ,abocou ao fracaso. Esa é a lexitimidade que vostede lle da ao parlamento galego.(Lugar de reclamacións de TÓDOLOS galegos e galegas), e logo se alporiza porque lle querén modificar a constitución sen consultar a xente.....
Porque a cuestión non é se o naval civil ten ou non ten futuro (porque o militar está sentenciado).

A  cuestión é que temos un VETO, e un veto, é algo profundamente negativo, é poñer límites a liberdade, ao dereito a elexir o mercado ao cal nos queremos adicar.

En Ferrolterra temos escolas naúticas, universidades navais e experiencia,un buque aglomera moitos sectores na sua producción, sobre todo en bens de equipo, onde moitos países aproveitan para subvencionar e facer máis competitivos os estaleiros.Pero subvencionar subvencionase todo,coma citröen cos axudas ao I+i+D,e non é nada malo,o importante é xerar empregos para a xuventude, e que NON TEÑAN QUE SEGUIR MARCHANDO.
E non faga  demagoxia, non queremos facer Arteagas, pero si poder optar a facer plataformas, ferrys ou sísmicos.

 Aínda así  as suas intencións co Plan Ferrol foron positivas, o problema foí que ese Plan naceu como coartada para fulminar o naval, non para complementalo.A diversificación está moí ben e nadie vaíse opoñer a que veñan todo tipo de empresas aos diversos  e variopintos polígonos, pero Ferrol, ten mar,e temos instalacións. Renunciar aos estaleiros por imposicións políticas, tentando convencernos  de que temos que aceptar o castigo,a prohibición, para compensar a outros, iso non.
Non somos parvos.En Ferrolterra non estamos sobrados de infraestructuras.

E calquera con dous dedos de frente sabe que as instalacións de Navantia Fene, dan pena.


Adeus Sr. Carro, non o botaremos de menos.





1 comentario:

administrador dijo...

«Con Irisarri comportáronse de forma inxusta e despiadada»

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/09/11/0003_201109F11C5991.htm

Ao final,este non se vaí,faílle sitio ao seu pupilo no concello.Se se deixa a política porque xa finalizou un ciclo,non se pode dicir que "se me chaman ahí estarei".A ver canto tempo tarda en volver.