viernes, 27 de mayo de 2011

Francisco Jorquera: “Navantia debe operar en todos os campos de xogo”




A consecución de contratos para os estaleiros debe ser unha prioridade estratéxica na axenda exterior do Goberno, afirma o Bloque Nacionalista Galego. Os nacionalistas demandan a contratación da sexta fragata comprometida para a Armada española. O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, e o deputado no Parlamento galego, Henrique Viéitez, realizaron esta mañá unha visita a Navantia Ferrol. Alí mantiveron unha xunta co comité de empresa e despois unha reunión coa dirección.
Sociedade27/05/2011Autor: H.S.R.
No encontro, os parlamentares do BNG entregaron as iniciativas presentadas en ambas Cámaras sobre os estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol. Unha delas unha proposición non de lei rexistrada por Jorquera no Congreso e que demanda ao Goberno que asegure a carteira de traballo dos estaleiros públicos da Ría de Ferrol e o mantemento dos postos de traballo.  Explica Jorquera que a inquedanza sobre o futuro dos estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol “vai en aumento a medida que estes centros van rematando a súa carga de traballo e non reciben novos pedidos”. Lembra o deputado do BNG que só contan con traballo até o 2012, e son os que menos carga teñen dentro do Grupo Navantia.

Os nacionalistas demandan da SEPI un Plan concreto para asegurar a carteira de traballo nos estaleiros ferroláns. Ao sector naval referiuse tamén o deputado no Parlamento Galego Henrique Vieitez.

No Parlamento Galego o BNG promove entroutras medidas, instar á Unión Europea para a modernización da flota pesqueira baixo os criterios de mellora na seguridade e o maior respecto ao medio ambiente. O BNG considera urxente a implicación das administracións para evitar que Ferrol reviva os durísimos efectos doutra reconversión naval.


Escoitamos a Jorquera esta mañá en Ferrol
radiofusion.eu

No hay comentarios: