viernes, 29 de mayo de 2009

Guillerme Vázquez afirma en Ferrol que o BNG "será a única voz que se alce en Europa para reclamar que se levante o veto a Astano"

Ferrol, 28 Maio 09.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou este serán nun acto público no Teatro Jofre de Ferrol, no que tamén interviron o portavoz local, Manuel Pazo, a candidata Helena Veiguela e a número un da lista nacionalista ás eleccións do 7 de xuño, Ana Miranda.

O líder nacionalista reivindicou en Ferrolterra “o levantamento do veto ao estaleiro de Astano”, de tal xeito que a factoría poida volver á construción naval civil e, de feito, o número un do BNG asegurou que “a de Ana Miranda e a do BNG será a única voz que se alce en Bruxelas para reclamar isto”.

“Sabemos construír barcos, somos unha potencia, só precisamos que nos deixen traballar, é o único que os galegos e galegas veñen reivindicando desde hai anos, pero o goberno do Estado non reclamou o levantamento dese veto”, concluíu.

Nese sentido, o líder nacionalista asegurou que “trátase dunha cuestión de vontade política. Poden facelo e esiximos que asi se faga”.

No hay comentarios: